CIAG - Centro Infográfico Avanzado de Galicia
banner
ciagalicia.bsky.social
CIAG - Centro Infográfico Avanzado de Galicia
@ciagalicia.bsky.social
O Centro Infográfico Avanzado de Galicia xurde en 2012 co propósito de encher o baleiro en canto á virtualización sistemática e posta en valor do patrimonio inmaterial arqueolóxico, arquitectónico, etnográfico e antropolóxico de Galicia.
Nas recentes xornadas de divulgación de "A Pobra do Caramiñal no tempo", presentouse a restitución virtual da Croa de Posmarcos, coa escena dunha cabana de pallabarro localizada preto da muralla da primeira Idade do Ferro (755-415 a.C.), realizada polo compañeiro do CIAG, Alexandre González Rivas.
October 5, 2026 at 11:44 PM
La Voz de Galicia publica un artigo sobre os nosos traballos de restitución virtual do patrimonio galego desaparecido, desvirtuado, incompleto, en ruínas ou deseñado e construído, que facemos no CIAG, en colaboración simbiótica con investigador@s e Grupos de Investigación das universidades galegas.
October 3, 2026 at 1:08 PM
O pasado día 23 o CIAG participou no IIº Congreso Internacional de Balneoteraria en Ourense, coa intervención do investigador Francisco Meis, coa proxeción de varias restitucións 3D obra de Carlos Paz, Anxo Miján e Alexandre G. Rivas, en colaboración cos Grupos de Investigación Histórica da USC.
September 24, 2026 at 12:12 PM
A virtualización de espazos históricos interiores é outros dos grandes eixos de actuación do CIAG. Proxectos restituidos a partires de debuxos, fotografías ou descripcións escritas, lugares que agochan microcosmos humanos que rescatamos do esquecemento. ciagalicia.com/proxectos/ca...
Cafetería do Hotel Roma, 1927 - Centro Infográfico Avanzado de Galicia
Explora este Proxecto Dixital virtualizado polo Centro Infográfico de Galicia (CIAG). Temos un amplo catálogo de proxectos dixitalizados. Descúbreos!
ciagalicia.com
August 21, 2026 at 10:13 PM
No CIAG temos especial interese na restitución virtual en 3D das edificacións cinematográficas de Galicia dende finais do século XIX, pasando pola época dourada nos anos 40/50, ata a súa desaparición acelerada das nosas cidades a partir dos anos 80 do século XX.

ciagalicia.com/proxectos/ci...
Cine Yago, Ourense, 1949 - Centro Infográfico Avanzado de Galicia
Explora este Proxecto Dixital virtualizado polo Centro Infográfico de Galicia (CIAG). Temos un amplo catálogo de proxectos dixitalizados. Descúbreos!
ciagalicia.com
July 25, 2026 at 8:45 PM
Entrevista que o xornal La Voz de Galicia, lles fixo aos compañeiros do CIAG, Anxo Miján e Andrés Armesto, co gallo do Premio Europeo Synergy Grant, recibido en Poznan, Polonia, pola virtualización da antiga Vila de Portomarín, anegada polo embalse de Belesar na década dos 50´s do século XX.
July 18, 2026 at 8:50 AM
No marco da exposición que organiza o Consorcio de Santiago, pódese visualizar unha animación detallada do proxecto de Antonio Palacios para a rúa Galicia, desenvolvido polo CIAG xunto cos Grupos de Investigación Hca da USC a través do programa ARSOGAL.

www.elcorreogallego.es/santiago/202...
El Santiago que no pudo ser: así habría cambiado la ciudad con la gran avenida que iba a unir Porta Faxeira con el Obradoiro
La exposición cuenta con una recreación en 3D que permite recorrer, por primera vez, el ambicioso proyecto que Antonio Palacios diseñó para transformar el corazón de Compostela y que nunca llegó a con...
www.elcorreogallego.es
July 17, 2026 at 8:46 AM
O día 16 terá lugar a inauguración da exposición: "A CIDADE QUE SE SOÑOU A SÍ MESMA", que organiza o Consorcio de Santiago de Compostela, aberta xa ao público na Casa do Cabido, na praza das Praterías, e na que o CIAG colabora cunha animación 3D do proxecto de Antonio Palacios para a rúa Galicia.
July 15, 2026 at 10:15 AM
A restitución virtual das arquitecturas "incompletas", aquelas que non chegaron a rematarse na súa totalidade, teñen un especial interese para o CIAG, xa que nos dá a oportunidade de amosar a obra completa no seu máximo esplendor, tal e cómo foi concebida polo autor.

ciagalicia.com/proxectos/ig...
Igrexa Neogótica de Canedo, 1910 - Centro Infográfico Avanzado de Galicia
Explora este Proxecto Dixital virtualizado polo Centro Infográfico de Galicia (CIAG). Temos un amplo catálogo de proxectos dixitalizados. Descúbreos!
ciagalicia.com
July 13, 2026 at 9:40 AM
A "arquitectura militar" é outro dos ámbitos patrimoniais nos que temos especial interese no CIAG, polas fondas implicacións históricas que teñen na historia de Galicia. Castelos, fortificacións, bastións, atalaias, escolas e fábricas militares, polvoríns, etc..

ciagalicia.com/proxectos/ca...
Castelo da Nosa Sra. de "O Castro", 1706 - Centro Infográfico Avanzado de Galicia
Explora este Proxecto Dixital virtualizado polo Centro Infográfico de Galicia (CIAG). Temos un amplo catálogo de proxectos dixitalizados. Descúbreos!
ciagalicia.com
July 10, 2026 at 11:13 AM
As Casas Consistoriais primixenias foron desaparecendo paulatinamente co transcurrir dos séculos, ou sufriron múltiples reformas para adaptarse á evolución natural dos entornos urbanos. A virtualización deste tipo de patrimonio é outra das grandes prioridades do CIAG

ciagalicia.com/proxectos/an...
Antiga Casa Consistorial de Pontevedra, S.XVI - Centro Infográfico Avanzado de Galicia
Explora este Proxecto Dixital virtualizado polo Centro Infográfico de Galicia (CIAG). Temos un amplo catálogo de proxectos dixitalizados. Descúbreos!
ciagalicia.com
July 5, 2026 at 11:35 PM
O 1 de xullo, Anxo Miján e Andrés Armesto, en representación do CIAG e dos Grupos de Investigación HCª da USC, recibiron o prestixioso premio europeos "Synergy Grant" na cidade de Poznan, Polonia, polo proxecto de virtualización da desaparecida vila de Portomarín, en Lugo.
July 3, 2026 at 12:02 PM
Achégate a exposición "A CIDADE QUE SE SOÑOU A SÍ MESMA", que amosa a arquitectura rexionalista en Santiago de Compostela. De libre acceso e aberta xa na Casa do Cabido, na Praza de Praterías

O CIAG colabora cunha animación 3D do proxecto de Antonio Palacios para a rúa Galicia. (Preview de 5 seg.)
July 2, 2026 at 10:53 AM
Exposición "A Cidade que se soñou a sí mesma", con obras e proxectos arquitectónicos rexionalistas en Compostela. De libre acceso e aberta xa na Casa do Cabido.

O CIAG colabora cunha animación 3D do proxecto de Antonio Palacios para a rúa Galicia, dende a pza. do Obradoiro ata a Alameda.
July 2, 2026 at 9:54 AM
Anxo Miján e Andrés Armesto interveñen nos premios europeos -Synergy Grant- pola virtualización de Portomarín, en colaboración cos Grupos de Investigación da USC, cos profesores Julio V. Castro e Jesús Ángel S. García, e o apoio económico da Xunta de Galicia. Norabóa a todos..!
July 1, 2026 at 8:36 AM
As casas medievais en Galicia foron desaparecendo pola transformación natural das vilas e cidades, só unhas poucas apenas chegaron, xa bastante desvirtuadas, ata finais do século XIX. A restitución virtual destas xoias patrimoniais é unha prioridade para o CIAG

ciagalicia.com/proxectos/ca...
Casa Medieval "Misa do Alba" dos Condes de Maceda, S. XIII-XIV - Centro Infográfico Avanzado de Galicia
Explora este Proxecto Dixital virtualizado polo Centro Infográfico de Galicia (CIAG). Temos un amplo catálogo de proxectos dixitalizados. Descúbreos!
ciagalicia.com
June 29, 2026 at 10:41 AM
Son + de 200 os castelos, fortificacións e torres derrubadas na Revolución Irmandiña do S. XV en Galicia. No CIAG virtualizamos varias edificacións xunto cos Grupos de Investigación Histórica das Universidades galegas ! Ainda queda un inmenso traballo por facer !

ciagalicia.com/proxectos/ca...
Castelo Rocha Forte, 1240 - Centro Infográfico Avanzado de Galicia
Explora este Proxecto Dixital virtualizado polo Centro Infográfico de Galicia (CIAG). Temos un amplo catálogo de proxectos dixitalizados. Descúbreos!
ciagalicia.com
June 23, 2026 at 1:07 AM
Entrevista na TVG aos membros do CIAG, Anxo Miján e Pedro Vilas, sobre algúns dos proxectos de virtualización patrimonial con máis impacto na sociedade galega: o Plan Palacios para Vigo, a Vila Vella de Portomarín (Lugo), e a Citania Galaica de San Cibrao de Lás (Ourense).
June 21, 2026 at 7:08 PM
As fotocomposicións integran modelos 3D con fotografias actuais, fantástica ferramenta divulgativa para amosar cómo sería a escea si existisen.

Cas novas gafas compactas de VR, estos proxectos poderán verse in situ, en tempo real, a tamaño real, e en alta resolución

ciagalicia.com/proxectos/pr...
Proxecto de Fachada do Xardín do Posío, 1854 - Centro Infográfico Avanzado de Galicia
Explora este Proxecto Dixital virtualizado polo Centro Infográfico de Galicia (CIAG). Temos un amplo catálogo de proxectos dixitalizados. Descúbreos!
ciagalicia.com
June 18, 2026 at 8:29 AM
Anxo Miján e Andrés Armesto, membros do CIAG, viaxarán a Polonia o día 1 de xullo pra recibir o premio "Synergy Grant" pola virtualización 3D de Portomarín, entre 40 propostas presentadas; un proxecto pioneiro coordinado polos profesores da USC, Jesús Ángel Sánchez García e Julio Vázquez Castro.
June 15, 2026 at 9:48 PM
A restitución e virtualización das arquitecturas "incompletas ou inconclusas", as "desvirtuadas" polas reformas sucesivas ao longo dos séculos, así coma aquelas en estado "ruinoso", son un dos obxectivos principais do CIAG, rexenerando a súa configuración primixenia.

ciagalicia.com/proxectos/fa...
Fachada da Igrexa Santa Mª. de Monfero, 1620 - Centro Infográfico Avanzado de Galicia
Explora este Proxecto Dixital virtualizado polo Centro Infográfico de Galicia (CIAG). Temos un amplo catálogo de proxectos dixitalizados. Descúbreos!
ciagalicia.com
June 9, 2026 at 9:42 AM
Existen fotografias dabondo do Balneario de A Toxa pra virtualizar os espazos interiores: hall, habitacións de hóspedes, escaleira imperial, salóns, ascensores, zona de tratamentos balnearios, etc !!! só se precisa unha financiación axeitada !!!

diariodearousa.elidealgallego.com/arousa/2026-...
Huellas románticas en la arquitectura perdida de Arousa a las que el CIAG da vida virtual
El Centro Infográfico Avanzado de Galicia lleva años trabajando en la reconstrucción virtual del patrimonio gallego, entre ellos, la Casa dos Baños de A Concha o el Gran Hotel de A Toxa
diariodearousa.elidealgallego.com
June 7, 2026 at 10:34 AM
Reposted by CIAG - Centro Infográfico Avanzado de Galicia
O @ciagalicia.bsky.social crea unha visualización en 3D da casa de baños La Concha de Arosa, un edificio de finais do XIX que funcionou como polo turístico e centro do lecer aristocrático ata o seu peche tras a Guerra Civil.
Unha recreación en 3D recupera a desaparecida casa de baños La Concha de Arosa
O CIAG crea unha visualización dixital dun edificio de finais do XIX que funcionou como polo turístico e centro do lecer aristocrático
www.gciencia.com
June 4, 2026 at 2:48 PM
Recentemente sufrimos no CIAG un novo episodio de uso indebido de "IA" para xenerar "likes monetizados", sen pedir permisos nin referenciar autoría, respecto deste proxecto do compañeiro Anxo Miján, froito de anos d traballo, formación técnica-artística e investigación
ciagalicia.com/proxectos/ca...
Catedral Románica de Santiago de Compostela, Século XII - Centro Infográfico Avanzado de Galicia
Explora este Proxecto Dixital virtualizado polo Centro Infográfico de Galicia (CIAG). Temos un amplo catálogo de proxectos dixitalizados. Descúbreos!
ciagalicia.com
June 3, 2026 at 8:58 PM
"Reconstruindo o pasado para proxectar o futuro".

A virtualización do patrimonio desaparecido de Galicia, garante a súa preservación na memoria colectiva, a través das tecnoloxías móviles de visualización, que cada día son máis compactas, potentes e asequibles.

praza.gal/ducias/monum...
Unha ducia de monumentos galegos desaparecidos (ou que nunca existiron) recuperados polo CIAG - Praza Pública
Dende hai 15 anos o Centro Infográfico Avanzado de Galicia (CIAG) vén traballando en reconstruír virtualmente o patrimonio de Galicia. A entidade, que celebrou o seu aniversario hai unhas semanas, sum...
praza.gal
May 30, 2026 at 9:38 AM