Ecoagrasoc
ecoagrasoc.bsky.social
Ecoagrasoc
@ecoagrasoc.bsky.social
Grupo de Investigación 'Economía agroalimentaria e medioambiental, desenvolvemento rural e economía social'

Da Universidade de Santiago de Compostela @usc.gal
🐝 A investigación salienta o papel das persoas apicultoras na adaptación e resiliencia do sistema e formula 22 recomendacións para mantela e mellorala.
Coñecemento para contribuír á conservación e adaptación da apicultura galega. 🌼
(5/5)
September 24, 2026 at 9:27 AM
Entre eles están a perda de colonias, a dispoñibilidade e calidade da forraxe, os patóxenos e parasitos, a rendibilidade, a organización das persoas apicultoras e o patrimonio material e inmaterial asociado á apicultura.
(4/5)
September 24, 2026 at 9:27 AM
🔎 A investigación describe e caracteriza por primeira vez o sistema socioecolóxico apícola de Galicia, identificando os elementos que o compoñen e os principais factores que condicionan a súa resiliencia.
(3/5)
September 24, 2026 at 9:27 AM
A tese, O sistema socioecolóxico apícola de Galicia: descrición, caracterización e análise da resiliencia, estuda a apicultura como un sistema no que interactúan estreitamente factores ambientais, sociais e económicos.
(2/5)
September 24, 2026 at 9:27 AM
⚠️ Persisten desigualdades importantes, destacando o menor acceso dos estudantes de orixe non europea
💡 Os resultados deste proxecto axudan a avanzar cara a unha mobilidade máis inclusiva
June 11, 2026 at 6:59 PM
📊 Que aprendemos?
O acceso a Erasmus+ non está determinado principalmente pola renda.
Pesan máis factores culturais e académicos como:
• educación dos proxenitores
• experiencia internacional previa
• nivel de inglés e notas
June 11, 2026 at 6:59 PM
Pint of Science achega a ciencia á xente con charlas en bares nun ton distendido. Na sesión “Ecosistemas en perigo: Antibióticos, vermes e avispas” tamén participaron Rosario Panadero Fontán e Ana Isabel Barreiro Buján, da USC.
www.pintofscience.es/event/ecosis...
Ecosistemas en peligro: Antibióticos, gusanos y avispas
Una sesión en la que descubriremos que el problema de las resistencias antibióticas llega al suelo que pisamos, conoceremos unos curiosos gusanos que viven…
www.pintofscience.es
May 21, 2025 at 4:25 PM
Este traballo foi desenvolvido por Emilio R. Díaz-Varela, Pedro Álvarez-Álvarez, José C. Pérez-Girón, Ramón A. Díaz-Varela, María A. Ferreira Golpe e Ana I. García-Arias.
#Biodiversidade #EconomíaRural #Courel
(6/6)
February 5, 2025 at 10:53 AM
O capítulo forma parte do libro Business and Biodiversity e está en acceso aberto. Podes lelo aquí 📖👉 link.springer.com/book/10.1007...

(5/6)
Business and Biodiversity
This open access book presents the concept, methodologies, approaches, and strategies for sustainable businesses and biodiversity conservation.
link.springer.com
February 5, 2025 at 10:53 AM
Unha das conclusións clave é que apoiar estes negocios pode axudar a preservar os soutos, mantendo non só a actividade económica, senón tamén a biodiversidade e o coñecemento tradicional asociado ao seu manexo.
(4/6)
February 5, 2025 at 10:53 AM
A investigación inclúe análise económica, mapas de cobertura do solo e entrevistas con produtores locais. Descubriron que moitos negocios dependen directamente dos soutos, pero teñen dificultades para manter a actividade por falta de relevo xeracional e incendios.
(3/6)
February 5, 2025 at 10:53 AM
O estudo analiza a relación entre os negocios baseados na produción de castañas e a capacidade dos soutos para manter a biodiversidade no Courel. Estes ecosistemas producen múltiples servizos ambientais, pero tamén enfrontan retos como o abandono e as pragas.
(2/6)
February 5, 2025 at 10:53 AM
A investigación foi dirixida por Edelmiro López Iglesias e Mar Pérez Fra, obtendo a máxima cualificación de sobresaliente cum laude, con mención internacional.
February 5, 2025 at 10:48 AM