Facultade de Ciencias da Comunicación
facom-usc.bsky.social
Facultade de Ciencias da Comunicación
@facom-usc.bsky.social
Benvidx á Facultade de Ciencias da Comunicación da @usc.gal 🗞📺🎥 #FacomUSC
📢 Anota na axenda! O 15 de outubro, ás 13:00h, a FaCom acolle a conferencia “Os 1.000 días que cambiaron o mundo: a emerxencia das IA” impartida por Carlos A. Scolari, Catedrático de Teoría e Análise da Comunicación Dixital Interactiva da Universitat Pompeu Fabra (Barcelona).
October 6, 2026 at 11:30 AM
🌱 Novo #LunsDeSementar

🎞️ Presentamos 'Mar de Ida e Volta', unha reportaxe multimedia elaborada por María Rey, Iria Pombo e Carla Tilve.
October 5, 2026 at 1:35 PM
🌱 Novo #LunsDeSementar

🎬 Presentamos 'ORB', unha curtametraxe de animación cartoon creada por Gael Trujillo Quiroga.
September 28, 2026 at 11:02 AM
Reposted by Facultade de Ciencias da Comunicación
📺 Carlos Toural asume a dirección do decanato para “coidar, transformar e construír” o futuro da @facom-usc.bsky.social

A reitora Rosa M. Crujeiras definiu esta Facultade como “un centro sólido, esixente e con moita vida”

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
September 22, 2026 at 1:12 PM
Hoxe damos un paso adiante como equipo decanal, coa mirada posta nunha idea que queremos que nos acompañe durante todo este camiño: FaCom somos todXs 🫱🏽‍🫲🏾.
September 23, 2026 at 4:07 PM
Reposted by Facultade de Ciencias da Comunicación
O vindeiro mércores, 30 de setembro, é o último día para enviar propostas á XI #BolsaNachoMirás, organizada polo Colexio de Xornalistas e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social. Cunha dotación de 6.000 euros, está aberta a toda a profesión.
xornalistas.gal/novas-evento...
September 23, 2026 at 10:17 AM
📣 Irene Aba e Iria Souto forman parte do novo equipo de Alumnado Titor do curso 2026/2027 ao que poderedes acudir para pedirlles consello, realizarlles consultas ou resolver dúbidas.
September 23, 2026 at 9:03 AM
Novo #LunsDeSementar 🌱

🏳️‍🌈 Presentamos 'Delante del armario', un documental interactivo sobre as persoas maiores LGTBIQ+ creado no marco da materia Narrativas Dixitais do Grao en Xornalismo.
September 21, 2026 at 2:31 PM
📚 A Biblioteca da Facultade organiza a primeira edición dos Cursos de Competencias en Información do curso 2026/27, recoñecidos cun crédito ECTS.
September 21, 2026 at 9:45 AM
📣 O proxecto DataECO, liderado polo investigador Emiliano Treré, convida a comunidade da #FaComUSC ao concerto de clausura do encontro do seu Consello Asesor.

📅 Venres 25 de setembro
🕕 De 18:15 a 19:00 horas
📍 Sala Seminario Europa do Centro de Estudos Avanzados, no Parque de Vista Alegre
September 18, 2026 at 9:03 AM
📣 Presentámosvos ao novo equipo de #alumnadotitor do curso 26/27, ao que poderedes acudir para pedirlles consello, realizarlles consultas ou resolver dúbidas.

📮 Poderedes solicitarlles unha titoría ou contactalas a través dos seus correos electrónicos dispoñibles na Intranet da facultade.
September 17, 2026 at 10:30 AM
#ComunidadeFaCom! Estades convidados/as ao acto de toma de posesión do decano, Carlos Toural.

🗓️ Martes 22 de setembro
⌚️ 13:00 h
📍 Plató de Cine
September 16, 2026 at 10:18 AM
Reposted by Facultade de Ciencias da Comunicación
Amplíase até o 30 de setembro o prazo para enviar propostas á XI #BolsaNachoMirás, organizada e desenvolvida polo CPXG e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social . A bolsa ten unha dotación de 6.000 €, e está aberta a toda a profesión.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
September 15, 2026 at 10:33 AM
🌍 O equipo decanal recibiu esta semana o estudantado de mobilidade entrante dos programas Erasmus+, Convenio Bilateral e SICUE.

Durante o encontro, as persoas participantes puideron coñecer o funcionamento do centro e resolver as primeiras dúbidas sobre esta nova etapa.
September 16, 2026 at 8:03 AM
📢 Esta semana comezan as clases do Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia da #FaComUSC.

👋 O estudantado foi recibido nun acto de benvida no que participaron a coordinadora do máster, Berta García Orosa, e o decano da Facultade, Carlos Toural Bran.
September 15, 2026 at 8:45 AM
📢 Uninova, en colaboración coa Fundación Innovación Bankinter, convoca unha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA para o alumnado da USC.

💡 Un programa para explorar as transformacións que están a redefinir o mundo, a través de sesións en liña impartidas por persoas expertas.
September 14, 2026 at 11:44 AM
Nova edición dos #LunsdeSementar 🌱

📽️ Presentamos "Sete vidas", unha curtametraxe elaborada por Estela Pensado Busto, Roi Prieto Gómez, Carolina Rey Porral, Pablo Rivas Domínguez, Saínza Rivas Porto, Julia Provincial Piñeiro e Darío Regueira Muñiz (Grao en Comunicación Audiovisual e Dobre Grao).
September 14, 2026 at 10:47 AM
📢 A FaCom publica na Intranet a distribución do estudantado nos grupos interactivos de seminario e laboratorio, correspondente ás materias de Grao do primeiro cuadrimestre do curso 26-27.
September 12, 2026 at 8:23 AM
📢 O Concello de Lalín, en colaboración coa FACOM, asociacións gastronómicas galegas e a Axencia de Turismo e Galicia, convoca o XXXIII Premio Internacional de Xornalismo Gastronómico 'Álvaro Cunqueiro'.
September 8, 2026 at 8:03 AM
🎙️ A FaCom celebrou o acto de benvida para o novo estudantado dos graos en Xornalismo e Comunicación Audiovisual e do Dobre Grao.
September 7, 2026 at 11:43 AM
Reposted by Facultade de Ciencias da Comunicación
🔴O vindeiro 15 de setembro remata o prazo da XI #BolsaNachoMirás , organizada e desenvolvida polo Colexio de Xornalistas e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social. Se tes unha idea para un proxecto de comunicación, preséntate!
xornalistas.gal/novas-evento...
July 20, 2026 at 11:53 AM
Unha nova promoción do Grao en Xornalismo (2022-2026) díxolle adeus á #FaComUSC nun emotivo acto de graduación 🎓

🎙️ A gala incluíu discursos, bromas, concursos e ata recoñecementos á traxectoria e contribución ao centro dos profesores Fermín Galindo, Xosé López e Ana Isabel Rodríguez.
July 3, 2026 at 8:07 AM
🎓 24 estudantes graduáronse a semana pasada no Máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia, culminando unha etapa de aprendizaxe, esforzo e crecemento profesional.
June 23, 2026 at 3:15 PM
O pasado venres graduouse a promoción 2022-2026 do Grao en Comunicación Audiovisual da #FaComUSC.

🎬 A gala, presentada por diversos estudantes, estivo chea de lembranzas, bromas e momentos emotivos.
June 17, 2026 at 11:30 AM
Reposted by Facultade de Ciencias da Comunicación
📲 O proxecto DataECO aborda na @facom-usc.bsky.social o impacto real das infraestruturas dixitais na emerxencia climática

Liderado polo investigador de @novosmedios.bsky.social Emiliano Treré, recibe financiamento ao abeiro do programa ATRAE

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
May 28, 2026 at 8:11 AM