hantyah
banner
hantyah.bsky.social
hantyah
@hantyah.bsky.social
Defensora do feo.
Esta, por exemplo, mola porque foi a última foto que lle saquei a Roger antes de que desaparecera tanto física como fílmicamente.
September 13, 2026 at 5:49 PM
En realidade si que me mola.
September 13, 2026 at 5:46 PM
E xa non se toma nin un triste café por menos de 1,50 !!
August 23, 2026 at 6:05 PM
Vin o que tiña que ver e supoño que me curei o suficiente.
August 23, 2026 at 6:04 PM
Mañá, a partir das 16h no En Compañía de Loli, a historia de Ricardo, o nonaxenario que ten as leiras máis limpas de todo o concello de Arteixo.
August 5, 2026 at 7:56 PM
Cóntanche a historia e nunca falta a chapa sobre o pouco que traballan os novos nin as pullas cara os pouco agradecidos fillos pero, que lles vas dicir se hai cinco minuto estaban a contarche que con once anos andaban a carregar a terra que se moveu para facer Alfonso Molina?
August 5, 2026 at 7:54 PM
A cada ano que pasaba, volvía con máis cartos; sempre que non os gastara nos bares. Fartábanse a traballar de sol a sol todo para poder voltar á súa terra e conseguir a casa máis esperpéntica de toda a parroquia.
August 5, 2026 at 7:31 PM
Normalmente asóciase á ilegalidade, ao evitar burocracias, ao querer ser máis listo cao veciño. Pero non, karloskoto, estás ben equivocado. Contábame Ricardo coma el, cada vez que volvía de vacacións, facía un cacho: primeiro a estrutura, despois a placa, máis tarde o tellado, divisións e recebado.
August 5, 2026 at 7:29 PM
Tes algo que perder ou e que ti tampouco sabes que facer cos 300 metros cadrados de monte que herdaches da túa prima segunda emigrada na Arxentina?
July 24, 2026 at 4:14 PM
Disme que te presentas por un concello no que nunca gobernou un partido que non fose o PP e non te atreves a criticar aos veciños que destrozan o lugar onde vives?
July 24, 2026 at 4:13 PM
Me voy al Corte Inglés.
July 17, 2026 at 9:47 AM
Que viva o río Lambre, lugar entre comarcas, ese gran esquecido e que vivan todos os seus muíños 🦦
June 28, 2026 at 9:44 PM
Aquí o humildes festival que celebra neses cachiño de historia hidroeléctrica que é a Central Popular de Goimil ❤️‍🩹 www.instagram.com/muinhada?igs...
Instagram
Create an account or log in to Instagram - Share what you're into with the people who get you.
www.instagram.com
June 28, 2026 at 9:40 PM
Pouco despois de subir o río na procura do único muro sostén xa esa historia, atopei unha pequena talla decapitada e carcomida na miña casa. Gústame pensar que é un segredo que o meu caseiro esqueceu na lacena que hai baixo as escaleiras o día que cambiaron a madeira por placa.
June 28, 2026 at 9:36 PM
A talla do San Crimenzo sobreviviu, pasando de casa en casa para chamar á auga que outrona manaba en abundancia cando máis falta facía que chovese ata que se lle perdeu a pista nunha casa de Vilamateo, alá polos anos 70.
June 28, 2026 at 9:31 PM
É aí onde tamén está o saqueado mosteiro de San Crimenzo, disque por unha roca da que manaba agua, que pedra a pedra foi esmoecendo ata convertirse en nada máis que un pequeno descanso dourado libre de eucalipto.
June 28, 2026 at 9:28 PM
Está ben, son ben simpáticos (os gatos), quéroos, coidoos e preocúpome se faltan pero algún inverno nesta aldea haberá unha matanza coma a de Chantada e eles só se enterarán vendo un reel de instagram mentres fan cola nalgún festival hortera de kebabs.
June 26, 2026 at 10:37 PM
Non sei se terán outros nomes, pero si que os putos veciños podían castrar os gatos porque serán da aldea pero veñen todos a cagar e a parir á miña maldita casa.
June 26, 2026 at 10:31 PM