o Marcos Tesouro Montecelo
banner
omtesouro.bsky.social
o Marcos Tesouro Montecelo
@omtesouro.bsky.social
De como un rapaciño de Ourense acaba vivindo da meteoroloxía ou nas nubes, vai ti a saber...
Rematou agosto e para min comeza o meu descanso vacacional, pero no que non descanso é na miña lectura, como podes ver coa boa colleita deste mes que me permitiu levalo un pouco mellor e da cal podes tomar nota do que consideres oportuno...

#ler #lectura #libros #literatura #cultura
September 3, 2026 at 8:31 AM
Dame a min que xa teño vistas para a eclipse deste mércores...
August 8, 2026 at 5:19 PM
Comezado un novo mes, nada mellor que resumirche as miñas lecturas do anterior, xullo, coas que puiden evadirme un pouco da rutina e viaxar por outros lares, sobre todo o que rematou en Olar a conta do Rey Gudú, e das que podes tomar nota se che apetece...

#ler #lectura #libro #cultura
August 2, 2026 at 7:05 PM
DÍA DA PATRIA GALEGA!!!
DÍA DA MATRIA GALEGA!!!

youtu.be/hmXAB9rvFWE?...
Himno de Galicia (Subtitulado)
YouTube video by OLaioDosEirin
youtu.be
July 25, 2026 at 7:19 AM
Pasou o día e pasou a romeria, seica, mais non para min porque, despois dunhas cantas horas, aínda manteño no corpo todo o agrado producido polos #IronMaidenlPasou no seu concerto de Lisboa, a pesar do tute de viaxe para gozar deles, pero como se soe dicir, "sarna con gusto non pica"
July 9, 2026 at 8:01 PM
Foise xuño e con el outro lote de libros lidos e que aquí che mostro por se tes a ben ler algo neste verán e che apetece coller ideas

E se me permites unha recomendación apunta #Amarga, da miña gran compi destriper @juliagebhard.bsky.social porque merece moito a pena

#ler #lectura #libros #cultura
July 1, 2026 at 8:12 PM
Non podía deixar sen pasarme pola #FeiraDoLibro de #Ourense das @librariasgal.bsky.social a botar unha ollada, malia o pobre que me parecía en canto a programa e participación de librerias locais este ano (si, tiña que dicilo)
June 20, 2026 at 4:32 PM
Por 2° ano consecutivo tocou participar nun torneo de #xadrez, neste caso outra vez na Copa Galicia, XIX edición, e saín moi contento co resultado obtido de 3 victorias e 3 derrotas (tiveron que sudalas) e mellorando con respecto ao ano pasado (2-4)
June 13, 2026 at 8:48 PM
Si, xa sei que pasaron uns dia de xuño, pero andiven algo liadiño na #FeriaDelLibro de #Zamora e ata hoxe non puiden facerche a miña recopilación de lecturas de maio, pero aquí a tes para que, se o estimas oportuno, te decidas por algún para pasar un rato lendo
June 3, 2026 at 7:25 PM
Son moitas as presentacións ás que teño acudido, pero ningunha tan especial como a de #JuliaGebhard na #LibreriaEixo de #Ourense porque é amiga e compañeira "destriper" coa que cada mes intercambio opinións, xunto co resto de "destripers" ao redor do libro que toque...
May 28, 2026 at 9:31 PM
Non, este ano non fun o gañador do Certame Literario da AVV Loureiro, pero moi contento igualmente ao quedar entre as e os finalistas e de que o premio quedase na casa nas mans da gañadora, moi merecidamente, de Noe
May 16, 2026 at 2:29 PM
Rematando esta ponte de maio e a piques de que a rutina diaria nos volva a atrapar, deixoche a escolma de libros que durante abril me permitiron enganar á miña rutina e liberarme por uns instantes dela...
May 3, 2026 at 5:16 PM
Un pracer coñecer a @mariasolar.bsky.social na presentación do seu novo libro #AsMalasIdeas na #LibreríaEixo, que ten pinta de ser tan bo como os anteriores, e departir con ela contándonos como o ideou e anécdotas varias para pasar un rato do máis entretido

#ler #lectura #cultura #libros #librerías
April 18, 2026 at 9:41 AM
Alá foi marzo e con el outra tanda das miñas lecturas que me tiveron entretido ao longo de varias horas, asi que aquí cha deixo para, se queres, tomar nota por se che apetece ler algún deles nestes días libres que veñen por diante, ou noutro momento...

#ler #lectura #libros #literatura #cultura
April 1, 2026 at 8:11 AM
Hoxe uníanse 3 das miñas paixóns: #basket @cobsad.bsky.social e a #lectura e a mestura non puido sair mellor porque gozamos e aprendemos moito na presentación da nova edición do libro #DosMasUno do amigo @millanou.bsky.social onde nos ensina moitas cousas, tanto no deportivo como no educativo...
March 24, 2026 at 9:17 PM
Xa facía ben tempo, moitos moitos meses, que non enzoufaba as mans de fariña, auga e "masa madre" e, por fin, o puiden facer e sacar este bolo de pan caseiro, metade trigo galego, metade centeo zamorano que tan ben me saiu e mellor sabe...

#pan #pancaseiro #senfiltros
March 16, 2026 at 9:05 AM
YouTube
Share your videos with friends, family, and the world
youtu.be
December 24, 2025 at 2:27 PM
Un pracer o rato compartido á conta d'A lei do mar...
Onte a marea subiu ata Ourense. Por sorte a libraría Eixo deunos abrigo para falar d'A lei do mar.

Grazas a @franalonso-gal.bsky.social por acompañarme. A Óscar, a @omtesouro.bsky.social e aos demais por vir naufragar a mantenta.

E grazas, claro, ao meu faro no cantil.
October 29, 2025 at 12:02 PM
Acabouse o que se daba, se non choveu xa no #tempoGZ, ata a vindeira semana nada, salvo polo norte mañá...

E aínda que volva a calor, non volverá ao tolo como estes días pasados 😌
August 20, 2025 at 7:18 PM
Polo menos algo de "boa noticia" no #tempoGZ, especialmente por #Ourense (exemplo a cidade) onde a partir de mañá comezan a baixar as temperaturas dun xeito importante...

O da chuvia xa é outro conto, hai que ir véndoo 👀
August 17, 2025 at 7:07 PM
Outro día máis non podo co anoxo que teño enriba!!

De novo #Ourense (foto desde o barrio do Couto da cidade) respirando fume, así que segue os consellos e non saias se non é imprescindible...

Moitos azos a toda esa que segue a loitar contra o lume xogándose a vida #chapeau #LUMESNUNCAMÁIS
August 16, 2025 at 11:37 AM
Pois temos a cidade e a provincia de #Ourense afumada onde entre a calor abafante e o fume é imposible sair ao aire libre sen que che afecte a saúde sen contar á toda esa xente que se está a deixar a vida, literalmente, apagando nesta vaga de lumes que nos asola

#LUMESNUNCAMÁIS
August 15, 2025 at 2:16 PM
August 12, 2025 at 7:52 PM
Fiel á miña cita de verán acudín a #Oira #Ourense a contarlle ás nenas e nenos que están alí coas actividades de verán que é iso do #CambioClimático para que se conciencien, conciencien e dicirlles que poden facer para mitigalo para que este noso planeta non se nos vaia a pique...
August 8, 2025 at 8:20 PM
Por se te queres entreter un ratiño de nada, aquí che deixo o meu #RelatoDeVerán publicado hoxe en @vozdegalicia.bsky.social

Espero que che guste!!!
www.lavozdegalicia.es/noticia/info...
August 3, 2025 at 2:35 PM