###nonmerquesadopta
Máis adopcións e menos abandonos, ese é o noso desexo principal.
Xustiza e amor para todos os seres do mundo.#rescateanimal🐱🐕 #adoptaesalvavidas #adoptaungatorescatado #adoptaungatorescatado #nonmerquesadopta
January 1, 2026 at 11:11 AM
✨ Chincho busca fogar ✨
O noso precioso tuxedo é un gatiño encantador: doce, cariñoso e con moitas ganas de compartir a súa vida cunha familia para sempre

🏡 Queres ser ti a súa familia definitiva? . #adoptaungato #rescateanimal🐱🐕 #adoptaesalvavidas #adoptaungatorescatado #nonmerquesadopta
December 6, 2025 at 5:13 PM
Mango foi recollido da rúa moi pequeno e tivo á sorte de atopar fogar definitivo. Como nos gusta ver aos nosos abeirenses tan felices e a salvo!#adoptaungato #adoptaesalvavidas #rescateanimal #nonmerquesadopta #adoptaungatorueiro
November 30, 2025 at 3:54 PM
Javi e Redondel foron recollidos dentro dunha caixa num colector se lixo…
As leis non valen de nada se non se aplican, por iso denuncia cada caso de abuso e maltrato que coñezas. Esta parelliña busca fogar.
#adopta2gatos #nonmerquesadopta #adopta1gatorueiro #esterilizarsalvavidas
June 16, 2025 at 6:59 AM
Os peques seguen medrando, con xogos e os coidados da súa nai. En breve poderán ir para as súas casas de adopción.
#nonmerquesadopta
April 9, 2025 at 10:34 AM
Que pasa cando non se esteriliza? Pois que seguen nacendo camadas. Aquí temos a primeira do ano, coa nai, tamén en adopción.
#nonmerquesadopta #adopta1gatorueiro
March 31, 2025 at 9:25 AM
Neves…
Houbo que amputarlle as orelliñas, e mesmo así non nos odiou nin un pouquiño.
É unha gata boísima e moi cariñosa e agradecida. Precisa unha familia que a queira moito.
#adopta1gatorueiro #nonmerquesadopta
February 26, 2025 at 10:17 AM
Cala é esta pequena de 5 meses que apareceu atropelada hai mes e medio. Estivo todo este tempo con coidados veterinários, con fracturas de fémur e cadeira . É unha gatiña feliz e xoguetona que busca fogar.. #adopta #nonmerquesadopta #adoptaesalvavidas
December 28, 2024 at 10:03 AM
Cantos non chegan a tempo?
Cantos morren sós sen que ninguén os vexa?

Por favor:

Non merques.
Esteriliza sempre.
Adopta.

Salvar unha vida si cambia o mundo… cambiou o mundo de Gardfield#adoptaesalvavidas #adoptaungatorescatado #adopta1gatorueiro ##nonmerquesadopta #esterilizarsalvavidas
March 12, 2026 at 7:24 PM
Dúas das nosas pequenas recén rescatadas buscan fogar. Axudas a difundir?#adopta2gatos #nonmerquesadopta #adopta1gatorueiro #esterilizarsalvavidas #blackcat
June 21, 2025 at 8:46 AM
A nai destes pequenos pariu na rúa e foi atropelada. Morreu sen coñecer o que é un fogar onde sentirse a salvo.
Os seus peques terán unha oportunidade. A que ela nunca tivo.#adopta1gatorueiro #nonmerquesadopta #esterilizarsalvavidas
April 15, 2025 at 8:58 AM
Olvido foi deixada na rúa cando a súa familia mudou de fogar. Recollímola porque é moi boa e cariñosa e corrïa perigo. Por sorte para ela, foi adoptada, e desde hoxe ten novo fogar e novo nome, Clara Schumann.
#nonmerquesadopta #adopta1gatorueiro
March 18, 2025 at 4:48 PM
Carme e Ames foron adoptadas xuntas, e están así de felices. Queres axudarnos a que sigamos salvando vidas? Adopta e non merques nunca #adopta2gatos #nonmerquesadopta
February 26, 2025 at 4:19 PM
Cala atopou fogar, pero seguimos tendo centos de gatiños buscando a oportunidade de demostrar o incríbeis que son.
Axúdanos a salvar vidas adoptando.
#nonmerquesadopta #adopta1gatorueiro
February 21, 2025 at 8:59 AM
Seus irmáns foron adoptados, pero este pequeno estivo moi enfermo, mesmo temimos pola súa vida. Agora ten que poñerse forte, baixo os coidados do noso maravilloso Josito, que vixila que coma todo e non deixe nada no prato #nonmerquesadopta #adopta1gatorueiro #esterilizarsalvavidas
April 22, 2025 at 11:45 AM
Frozen foi abandonada sendo unha cachorriña. Ten menos de dous anos e é preciosa e moi alegre #nonmerquesadopta
April 19, 2025 at 8:54 AM
Os pequeniños xa aprenderon a atusarse, é tempo de buscar fogar definitivo e deixar sitio para outros gatiños en perigo.
#adopta1gatorueiro #nonmerquesadopta #esterilizarsalvavidas
April 14, 2025 at 3:00 PM
A gata que había na casa non tardou nada en aceptar a Brigo. Xa comparten xogos e aloumiños.
#adopta2gatos #nonmerquesadopta #adopta1gatorueiro
February 16, 2025 at 5:02 PM
Tito foi abandonado nunha das nosas colonias. É un gato maravilloso, que está
tentando adaptarse á súa nova vida. Está controlado e coidado, pero necesita un fogar, coma todos, por suposto , mais el non entende que está sucedendo na súa vida.
#adoptaungatorueiro #adopta #nonmerquesadopta
January 23, 2025 at 10:21 AM
Queres axudarnos a salvar vidas? Adopta ou acolle para que poidamos seguir rescatando:
#adopta #nonmerquesadopta
January 8, 2025 at 4:16 PM
Marisol foi abandonada nun transportín. É unha gatiña moi boa e moi cariñosa, merece ter unha familia que a queira moito.
#adopta. #nonmerquesadopta
January 3, 2025 at 10:09 AM
Sabela vivía aterrada na rúa , tivemos a sorte de atoparlle un fogar, pero aos poucos días, saiu por unha xanela e perdeuse.
A súa familia non deixou de buscala, e semanas despois xa está a salvo na casa.
#adopta #nonmerquesadopta
December 24, 2024 at 4:27 PM
O que máis desexamos e pedimos, é un fogar para cada animaliño do mundo, e seguiremos intentándoo sen rendernos.
Mentres tanto, toca desfrutar, compartir e vivir o Nadal xuntas, gústenos ou non.

#rescateanimal🐱🐕 #adoptaesalvavidas #adoptaungatorescatado #nonmerquesadopta #CERsalvavidas
December 14, 2025 at 6:29 PM
Agora seguen en adopción, agardando que alguén se fixe neles, lles abra a porta da súa casa e lles dea, por fin, a vida que merecen.

Se queres cambiar o seu destino, contáctanos. 💚🐾#adoptaungato #rescateanimal #adoptaesalvavidas #nonmerquesadopta #adoptaungatorueiro
November 20, 2025 at 8:44 AM
Esta preciosa parelliña foi deixada no lixo, e grazas a que alguén os viu salvaron a vida. Son preciosos e moi bós, e precisan un fogar. Axudas a difundir? #nonmerquesadopta #adopta1gatorueiro #adopta2gatos #esterilizarsalvavidas #adoptagatos
September 1, 2025 at 10:45 AM