##Laiovento
Na páxina web de #Laiovento podedes ver os detalles do libro de Octave Mirbeau DIARIO DUNHA CAMAREIRA, en tradución de Emma Lazaré. Tamén podedes comezar a ler as primeiras páxinas

laiovento.gal/CATALOGO/143...
September 30, 2026 at 4:36 PM
Hoxe 29 de setembro acudimos ao @consellocultura.bsky.social para participar na homenaxe a F.X. Redondo Abal, acto no se se presenta o seu libro UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA, publicado por #Laiovento. Unha homenaxe organizada pola Fundación Luís Tilve, ás 18:30h.
September 29, 2026 at 5:40 AM
Velaí a última novidade de #Laiovento, o libro de Xosé de Cea O QUE ESTOU A DICIR CANDO DIGO "ALTRI NON"; o autor achégase á problemática dende unha perspectiva radicalmente emocional e subxectiva, tirando de memoria, andainas, lecturas, sentimentos e intuicións
April 19, 2025 at 5:34 AM
Este 7 de xaneiro conmemoramos o 75 cabodano do pasamento de #Castelao, unha figura indispensábel da Galiza contemporánea en todos os sentidos. En #Laiovento queremos homenaxealo lembrando algunhas das publicacións que lle dedicamos, para afianzar a súa memoria, semente de futuro
January 7, 2025 at 8:49 AM
O mércores 30 de setembro Antom Garcia Rodrigues presentará o seu libro ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL, publicado por #Laiovento na colección 'Vento do Sul', no marco da @libpedreira.bsky.social de Santiago, ás 19:30h. Velaí o anuncio cos detalles
September 28, 2026 at 2:55 PM
Xosé Gómez Fandiño publica no xornal El Ideal Gallego unha ampla reportaxe verbo do libro que vén de publicar Alba Rodríguez Saavedra RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, unha obra editada por #Laiovento
O legado incompleto de Ruth Matilda Anderson
O legado incompleto de Ruth Matilda Anderson
www.elidealgallego.com
November 9, 2025 at 12:15 PM
Hoxe soubemos que a tradución das CARTAS DESDE A CADEA, de Rosa Luxemburg, está entre as obras finalistas da décima edición dos Premios Follas Novas, na categoría de tradución. Os nosos parabéns para Almudena Otero Villena, tradutora desde libro que publicou #Laiovento o ano pasado
April 1, 2025 at 4:10 PM
O xoves 1 de outubro Antom Garcia Rodrigues presentará o seu libro ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL, publicado por #Laiovento na colección 'Vento do Sul', no marco do espazo OZOCOgz do Carballiño, ás 20:00h. Velaí o anuncio cos detalles
September 30, 2026 at 7:29 AM
O xoves 12 de febreiro @albars-1980.bsky.social estará no Centro de Documentación Feminista de Vigo para falar do seu libro RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, publicado por #Laiovento, ás 19:00h. A autora estará acompañada por @marilaraleixandre.bsky.social. Non volo perdades!
February 10, 2026 at 8:48 AM
Xa saíu do prelo o segundo título da colección @claracorbelhe.bsky.social de ensaio crítico galego, publicada por #Laiovento: o libro de @pablopesado.bsky.social DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE. HISTÓRIA CRÍTICA DO REALISMO MÁGICO GALEGO. Unha viaxe de deconstrución do realismo máxico en Galiza
January 29, 2026 at 8:16 PM
Abre en Betanzos unha exposición coas fotografías realizadas por Ruth Matilda Anderson no seu paso por esta cidade en 1926. Dentro dos actos conmemorativos desta efeméride tamén participou @albars-1980.bsky.social autora do libro RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, unha obra de #Laiovento
«Só se coñece o 10 % do traballo que fixo Ruth Matilda Anderson en Galicia»
Ana Tomé, comisaria de la muestra que abre los actos del centenario del paso de la fotógrafa por Betanzos defiende su legado
www.lavozdegalicia.es
January 18, 2026 at 8:13 AM
Esta semana comeza a distribución do libro de Esperanza Mariño Davila FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA. NARRATIVA, POESÍA E TRADUCIÓN EN XOSE MANUEL BEIRAS, a última das novidades editoriais de #Laiovento. Axiña nas librarías!
June 2, 2025 at 8:00 AM
Lembrade que mañá 15 de marzo Almudena Otero Villena presentará a súa tradución das CARTAS DESDE A CADEA, de Rosa Luxemburgo, obra publicada por #Laiovento, no marco da @librariacartabon.bsky.social de Vigo, ás 12:00h. A tradutora estará acompañada polo escritora Marga do Val
March 14, 2025 at 9:15 PM
Desde #Laiovento lamentamos o pasamento do poeta Bernardino Graña e enviamos as nosas condolencias a familiares e amizades. En 2002 publicamos o libro de Antonia López García SE AS AVES INSISTISEN NA LEDICIA. A OBRA DE BERNARDINO GRAÑA, sirva hoxe como homenaxe ao poeta
January 18, 2025 at 10:56 AM
O xornal dixital @elplural.bsky.social conversou co Manuel Monge con motivo da presentación en Madrid do seu libro FEIJÓO. LA CARA OCULTA DE UN FARSANTE, unha obra publicada por #Laiovento na colección 'Endovelia'

www.elplural.com/politica/esp...
Manuel Monge, el hombre que lo sabe todo de Feijóo: “Es un hipócrita, mentiroso, patrañero… y ‘marxista’, de Groucho Marx”
ENTREVISTA| Manuel Monge, el hombre que lo sabe todo de Feijóo: “Es un hipócrita, mentiroso, patrañero… y ‘marxista’, de Groucho Marx”
www.elplural.com
June 8, 2025 at 3:39 PM
Pois desde #Laiovento, como fixo o Xosé de Cea, tamén queremos darlle as grazas á Paula Prado polos comentarios (eloxiosos?) sobre o libro O QUE ESTOU A DICIR CANDO DIGO "ALTRI NON". Para que logo digan que non hai apoio institucional para o libro galego!
April 26, 2025 at 8:34 AM
Desde #Laiovento queremos desexarvos un bo #DíadaPatria de 2026. Reafirmamos o compromiso de contribuír cos nosos libros a construír unha Galiza soberana, plural e democrática. Viva Galiza!
July 24, 2026 at 5:30 PM
Wuthering Heights ou Cumes Torboentos, na tradución de L.C. Carballal para #Laiovento, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Brontë, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de autorías que acadaron o recoñecemento literario cun único libro
July 22, 2026 at 7:09 PM
Marcos Pérez Pena entrevista para o xornal Praza Pública a @albars-1980.bsky.social, autora do libro RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, publicado por #Laiovento e galardoado nos Premios Follas Novas deste ano na categoría de ensaio e investigación
"Ruth Matilda Anderson supón un desafío ao sistema cultural ao amosar a invisibilización das mulleres" - Praza Pública
En Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes, Alba Rodríguez Saavedra afonda nas causas da invisibilización sufrida pola autora e pregúntase se esta exclusión foi debida á "subversión" que a súa ach...
praza.gal
May 30, 2026 at 2:31 PM
Pois agora que sabemos que o proxecto de Altri non vai adiante é o momento de lembrar o libro de Xosé de Cea O QUE ESTOU A DICIR CANDO DIGO "ALTRI NON", que #Laiovento publicou o ano pasado e o seu autor levou por moitas localidades galegas
February 20, 2026 at 5:09 PM
O venres 20 de febreiro @pablopesado.bsky.social presentará o seu libro DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE. HISTÓRIA CRÍTICA DO REALISMO MÁGICO GALEGO, segundo título da colección @claracorbelhe.bsky.social de ensaio crítico galego, que publica #Laiovento, no marco de Numax, ás 19:00h.
February 18, 2026 at 9:21 AM
Coñecedes as últimas novidades de #Laiovento? Traducimos a escritora mexicana Elena Garro, mergullámonos na historia do realismo máxico galego e achegámonos á figura do pintor Francisco Miguel. Nós fixemos a nosa parte. Agora, a ler!
February 7, 2026 at 6:49 PM
Hoxe 6 de febreiro Alba Rodríguez Saavedra @albars-1980.bsky.social presenta o seu libro RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, publicado por #Laiovento, no marco da libraría Libraida de Gondomar, ás 20:00h. Velaí o recordatorio no @nosdiario.bsky.social
Ensaio | 'Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes'
Data,Lugar,Como chegar a Ensaio | 'Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes'
www.nosdiario.gal
February 6, 2026 at 8:30 AM
Felices ao saber que o libro de @albars-1980.bsky.social RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, publicado por #Laiovento, é unha das obras candidatas aos Premios Follas Novas, na categoría de ensaio e investigación. Parabéns á autora!
January 22, 2026 at 5:36 PM
Axiña nas librarías o segundo volume da colección Clara Corbelhe de ensaio crítico galego: o libro de Pablo Pesado DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE. HISTÓRICA CRÍTICA DO REALISMO MÁGICO GALEGO, que publica #Laiovento en parcerá con @claracorbelhe.bsky.social
💥 O segundo livro da Coleção de Ensaio Crítico CC, em parceria com Laiovento, estará em breves nas ruas: "Depósitos de ancestralidade. História crítica do realismo mágico galego" do Pablo Pesado.

Lembrai: as caseteiras de 100€ têm o livro incluído, as de 60€ um 30% de desconto e as de 20€ um 10%.
January 19, 2026 at 1:25 PM