#AIraDasLetras
No Día de Rosalía, vén á @airadasletras recitar un dos seus poemas. Se nos deixas gravarte, levarás para a casa unha lámina de Miguel Robledo. Poesía e agasallo: plan perfecto.

*Unidades limitadas
February 23, 2026 at 11:10 AM
Así foi o noso 2025… acompáñanos a ver que trae o 2026.
Feliz ano, querida comunidade 💫
Agardámosvos na @airadasletras, na rúa Emilia Pardo Bazán, 5 baixo, en #Allariz.
January 2, 2026 at 9:13 PM
Onte visitounos Blas, esta cousiña peluda do amor.
Intentamos que posase para a foto, pero isto foi o máximo que conseguimos... 
Pero… atención á coliña 😍😆

Na @AiradasLetras as visitas con patas tamén teñen a porta aberta. 🐾
March 1, 2026 at 8:02 PM
Na @Airadasletras celebramos a diversidade en todas as súas formas e por iso resaltamos no #MesDoOrgullo algúns dos nosos textos favoritos acerca da diversidade, escritos  por autoras do colectivo LGTBIQ+

Porque para respectar cómpre coñecer e entender.
June 19, 2026 at 7:30 PM
No día máis longo do ano… achégate á @Airadasletras e escolle unha lectura que che faga esquecer as responsabilidades do día a día.

Bule, que xa chegou o verán!

Music: Prismatica (Revisited) by Lake Isabel (from Audiio)
June 21, 2026 at 6:32 AM
Ai é un cadeliño algo despistado, ben simpático e bastante sensible que está falto de amor. Por que todo o mundo pronuncia o seu nome se logo non queren a súa amizade? Mais na vida todo chega, tamén o cariño verdadeiro.

#AiraDasLetras #Allariz #LerEnGalego #NovidadesAira
May 2, 2025 at 7:31 AM
Dolores Redondo en galego!!! 🫶🫶🫶🫶

Á venda a partir do 9 de abril e ti xa o podes reservalo na @airadasletras.

Para ler un extracto do libro, preme nesta ligazón 👇👇👇
https://airaeditorial.gal/selo-aira/195-as-que-non-dormen-nash.html
March 14, 2025 at 12:35 PM
😍😍😍
Recunchos da @airadasletras
August 22, 2026 at 7:30 PM
Xa temos na @airadasletras a historia máis recente de Rita Doallo! Novas personaxes, novas aventuras e o mesmo agarimo e coidado de sempre. 💜📚
August 19, 2026 at 10:02 AM
🎉 Xa temos gañadoras do concurso de xuño!

Grazas a todas por participardes... entre todas as persoas que concursastes, as gañadoras son 🥁🥁🥁

🏆 @omellorlugar
🏆 @carmennomemiresqtpego

Moitos parabéns! 👏👏👏

Os libros están agardando por vós na @AiraDasLetras 

Vémonos no próximo sorteo 👀✨
July 9, 2026 at 7:31 AM
Mirade quen veu visitarnos pola @airadasletras... 📚✨ @juangomezbarcena

Se queredes velo de preto e, sobre todo, escoitalo na charla 'O peso da verdade na ficción e viceversa' xunto a @jicarnero1 ide indo á #CasaDaCulturaDeAllariz, que o FLAZ comeza ás 19.30 h.
July 3, 2026 at 4:19 PM
Xa temos na @AiraDasLetras os título dos autores e autoras do #FLAZ26
June 30, 2026 at 7:01 PM
Xa temos na @AiraDasLetras os título dos autores e autoras do #FLAZ26
June 26, 2026 at 6:30 PM
A V Edición do FLAZ achégase e na @AiraDasLetras pensamos en toda a nosa comunidade, pois ademais das conversas que temos preparadas para vós, imos contar con actividades culturais para todos os públicos.
June 24, 2026 at 12:31 PM
Acompaña a Sia nunha fascinante viaxe na que aprenderá a dicir «non» con seguridade e elegancia. Un libro que axuda a comprender o valor da asertividade e a sermos amables sen ignorar os nosos propios sentimentos.

Dende hoxe na @Airadasletras
May 18, 2026 at 8:03 AM
P.D.: E como na @airadasletras temos contactos, ata o 3 de febreiro, se mercas (ou reservas) o libro, vaiche dedicado especialmente pola autora.

Para mercalo ou resevalo, preme nesta ligazón 
👇👇👇
Todos tus libros | Cesta
f.mtr.cool
January 26, 2026 at 8:02 PM
Esta semana fixemos o inventario na @airadasletras 🥴🥴

Revisamos libro por libro, un a un, e xa podemos dicir que temos todo en orde e ben mandadiño para arrincar o ano ao 100 %.

Vémonos na rúa Emilia Pardo Bazán, número 5, baixo, #Allariz 📚✨

Inventario feito, ano encamiñado e lectoras felices xD
January 22, 2026 at 1:02 PM
Chegou a hora do noso sorteo mensual en Instagram! 🌟

Este mes traemos un agasallo moi especial: un exemplar asinado de 'A historia de Galicia en 30 obxectos' 💜
Xa vos dixemos que foi o libro máis vendido do ano pasado na @airadasletras, ou non?

*e só vale en Instagram, que vos coñecemos 😌
January 21, 2026 at 1:30 PM
Se ti tamén adoras atopar tesouros a bo prezo, pásate pola libraría antes de que voen 🕊️

#AiraDasLetras #LibrosConHistoria #OportunidadesLiterarias
November 13, 2025 at 8:30 PM
Na @AiraDasLetras tamén quixemos renderlles homenaxe cun pequeno escaparate cheo de libros e lembranzas que falan delas: labregas, artesás, creadoras, gardiás da terra e da palabra.

Porque sen mulleres no rural… non hai futuro que medre 🌱💪
October 22, 2025 at 4:31 PM
👉 Para participar:
1️⃣ Síguenos na nosa conta de Instagram @airadasletras
2️⃣ Dálle gústame a esta publicación no noso Instagram
3️⃣ Menciona nos comentarios a esa persoa coa que che gustaría dar un paseo outonal 🌰

***(O sorteo realízase só na nosa conta de Instagram)
October 15, 2025 at 7:02 PM
Chegan os novos sacos da @airaeditorial.

Con xute ou en versión máis lisa, ilustrados polo noso querido #MiguelRobledo, feitos con algodón reciclado e con toneladas de amor e orgullo polo noso.

Aquí, #EntreNós. Corre, que voan! 🫢🫢🫢

#Allariz #Rosalía #AiraDasLetras
August 23, 2025 at 7:02 PM
1️⃣ Síguenos en Instagram (@AiraDasLetras)
2️⃣ Dálle ‘Gústame’ a esta publicación ❤️
August 14, 2025 at 9:02 PM
Unha das nosas clientas favoritas do mundo mundial... Enza 😍😍😍

Vén visitarnos cada pouco cos seus donos e xa sabe que aquí sempre hai unha benvida con mimos e sorrisos.

P.D: Non puidemos decidirnos por unha soa foto 🤭🤭🤭

Cal é a túa favorita? 🐾💛

#AIraDasLetras #PetFriendly
August 12, 2025 at 7:30 PM
Parabéns Diana! Grazas por ser amiga da @airadasletras e grazas por apoiar o comercio local 😍😍🥰
August 7, 2025 at 1:02 PM