#AquíSiHaiPraia|
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗮 (𝗖𝗮𝗻𝗴𝗮𝘀 𝗱𝗼 𝗠𝗼𝗿𝗿𝗮𝘇𝗼)

É a praia nudista por excelencia do Morrazo, con area fina, mar en calma e un amplo espazo de dunas e piñeiral.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #CangasDoMorrazo | #Pontevedra |
July 15, 2024 at 12:18 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗱𝗼𝘀 𝗮𝗹𝗲𝗺á𝗻𝘀 (𝗕𝘂𝗿𝗲𝗹𝗮)

En Burela atópase a cala dos Alemáns. Pequena e sen servizos, pero que atraer os amantes do naturismo da comarca

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #Burela | #Lugo |
July 23, 2024 at 1:11 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗔𝘀 𝗙𝘂𝗿𝗻𝗮𝘀 (𝗣𝗼𝗿𝘁𝗼 𝗱𝗼 𝗦𝗼𝗻)

A praia das Furnas, en Porto do Son, é un areal aberto, ventoso e de grandes ondas, pouco masificado e nunha contorna aínda bastante salvaxe.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #PortoDoSon | #ACoruña |
July 9, 2024 at 1:07 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗠𝗲𝗻𝗱𝘂𝗶ñ𝗮 (𝗖𝗮𝗻𝗴𝗮𝘀)

A praia Menduíña, en Cangas, atópase na Ría de Aldán. Con 250 metros de lonxitude.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #Cangas | #Pontevedra |
July 11, 2024 at 1:13 PM
| ⚪🔵 | Comezamos no norte, na Mariña, nunha praia de 760 metros de lonxitude e area branca, un fermoso areal en Foz.

| 🏖️ | #AquiSiHaiPraia |
July 1, 2024 at 5:14 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗔𝗿𝗲𝗮 𝗱𝗮 𝗦𝗲𝗰𝗮𝗱𝗮 (𝗔 𝗜𝗹𝗹𝗮 𝗱𝗲 𝗔𝗿𝗼𝘂𝘀𝗮)

Entre os moitos areais que se atopan no paraíso natural da Illa de Arousa destacamos o de Area a Secada, próximo a Punta Cabalo e cun denso piñeiral ás súas costas, ideal para pasar o día.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia |
July 10, 2024 at 1:19 PM
| ⚪🔵 | A praia do Sacido, en Viveiro, limita coa praia de Covas, pero esta afástase algo máis do centro urbano da vila.

| 🏖️ | #AquiSiHaiPraia |
July 4, 2024 at 2:49 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗳𝗹𝘂𝘃𝗶𝗮𝗹 "𝗔 𝗖𝗮𝗹𝘇𝗮𝗱𝗮" (𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗖𝗮𝗹𝗱𝗲𝗹𝗮𝘀)

A contorna natural está conformada por un típico bosque de ribeira, onde atoparás castaños, bidueiros e carballos.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia |
July 24, 2024 at 1:07 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗮ñá𝗻 (𝗔𝗿𝘁𝗲𝗶𝘅𝗼)

É a praia nudista da Coruña, ideal pola súa proximidade á cidade e polas facilidades de aparcamento.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #Arteixo | #ACoruña |
July 14, 2024 at 12:33 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗹𝗮𝘆𝗮 𝗳𝗹𝘂𝘃𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗼 𝗠𝗮𝗹𝗲𝗰ó𝗻 (𝗢 𝗕𝗮𝗿𝗰𝗼 𝗱𝗲 𝗩𝗮𝗹𝗱𝗲𝗼𝗿𝗿𝗮𝘀)

A conxunto conta cunha zona para tomar o sol e outro arboredo, así como cun paseo fluvial.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #OBarcoDeValdeorras | #Ourense |
July 30, 2024 at 1:11 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗹𝗮𝘆𝗮 𝗳𝗹𝘂𝘃𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗔 𝗖𝗼𝘃𝗮 (𝗢 𝗦𝗮𝘃𝗶ñ𝗮𝗼)

A praia fluvial da Cova está na Ribeira Sacra, no municipio lucense do Saviñao.

Se queres gozar da paisaxe, esta é unha posibilidade.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #OSaviñao | #Lugo |
August 2, 2024 at 1:02 PM
| ⚪🔵 | Non lonxe da primeira, en Burela, atopamos a praia da Marosa, con bandeira azul e situada entre a Punta das Laxes e Pena Grande.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia|
Praia A Marosa (Burela)
July 2, 2024 at 4:28 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗹𝗮𝘆𝗮 𝗳𝗹𝘂𝘃𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗩𝗶𝗹𝗮𝗿𝗲𝗹𝗹𝗼 (𝗩𝗮𝗹𝗴𝗮)

Esta zona ten un leito de area natural na ribeira do Ulla, de maneira que se parece moito a unha praia natural e está considerada Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia |
July 27, 2024 at 12:51 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗳𝗹𝘂𝘃𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗦𝗲𝗹𝗮 (𝗔𝗿𝗯𝗼)

A praia fluvial de Sela, a beiras do río Miño, destaca polo seu valor arquitectónico. Situada no municipio pontevedrés de Arbo, dispón de merendero e unha zona para pescar.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #Arbo | #Pontevedra
July 25, 2024 at 1:12 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗖𝗮𝘀𝘁𝗶ñ𝗲𝗶𝗿𝗮𝘀 (𝗢 𝗚𝗿𝗼𝘃𝗲)

Ou de Abelleira, Canelas, Con do Corvo, Agueira ou Borreiro. En realidade poden ser consideradas a mesma praia, pois están todas seguidas e en todas é frecuente a práctica do nudismo.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #OGrove | #Pontevedra |
July 21, 2024 at 1:00 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗕𝗮𝘀𝘁𝗲𝗶𝗿𝗮 (𝗖𝗮𝗿𝗶ñ𝗼)

A vila de Cariño goza dunha das mellores praias urbanas de Galicia, a Praia da Basteira, que limita coa Praia da Concha, no centro da vila. Ten vento, iso si, e un piñeiral moi próximo.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia |
July 5, 2024 at 2:13 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻 𝗫𝘂𝗿𝘅𝗼 (𝗙𝗲𝗿𝗿𝗼𝗹)

A costa atlántica de Ferrol acolle algúns dos mellores areais de Galicia. Doniños, Esmelle, Ponzos, Santa Comba... E San Xurxo, unha praia ideal para perderse nos seus máis de dous quilómetros de area fina.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #Ferrol | #ACoruña |
July 6, 2024 at 1:25 PM
| ⚪🔵 | A praia Xilloi, no Vicedo, ten case un quilómetro de lonxitude e está rodeada de cantís. Como a maior parte das praias do norte destaca polo seu carácter aberto e a súa area branca e fina.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia |
Praia Xilloi (O Vicedo)
July 3, 2024 at 3:38 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗙𝗶𝗴𝘂𝗲𝗶𝗿𝗮𝘀 (𝗜𝗹𝗹𝗮𝘀 𝗖í𝗲𝘀)

Esta praia, na illa norte das Cíes aparece decote nas listas das mellores praias nudistas de España. E abofé que é bonita, coma todos os areais destas illas. Coidado coa temperatura da auga, iso si.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #IllasCíes | #Vigo | #Pontevedra |
July 19, 2024 at 1:13 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗟𝗮𝘅𝗲 (𝗟𝗮𝘅𝗲)

Outra praia urbana, a de Laxe, podería figurar entre as máis fermosas de Galicia. A poucos metros do centro da vila, os seus dous quilómetros de lonxitude ofrecen aufas limpas e claras e area branca e fina.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #Laxe | #ACoruña |
July 7, 2024 at 1:38 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗔𝗿𝗲𝗮 𝗠𝗮𝗶𝗼𝗿, 𝗲𝗻 𝗟𝗼𝘂𝗿𝗼.

A praia de Louro, en Muros, ten varias singularidades, comezando pola presenza maxestuosa do monte Louro e pola lagoa do mesmo nome e as súas dunas.

Ten 1.400 metros de lonxitude e comunica coa praia de Lariño, tamén moi recomendable.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia |
July 8, 2024 at 1:04 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗱𝗮 𝗙𝗼𝗻𝘁𝗮íñ𝗮 (𝗩𝗶𝗴𝗼)

Situada non extremo de Samil, chégase a ela despois de pasar o complexo deportivo da Xunqueira.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia |
July 17, 2024 at 1:19 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗹𝗮𝘆𝗮 𝗳𝗹𝘂𝘃𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗙𝘂𝗿𝗲𝗹𝗼𝘀 (𝗠𝗲𝗹𝗶𝗱𝗲)

O recinto conta con tobogáns, piscinas, tumbonas de madeira e un pantalán para pequenas embarcacións.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #Melide | #ACoruña |
July 31, 2024 at 1:13 PM
| ⚪🔵 | 𝗣𝗿𝗮𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝘀𝗰𝘂𝗮𝘀 (𝗦𝗮𝗻𝘅𝗲𝗻𝘅𝗼).

A praia de Bascuas chama a atención porque é dos areais nudistas máis achegados a zonas urbanas e turísticas.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia |
July 16, 2024 at 1:05 PM
| ⚪🔵 | 𝗖𝗮𝗺𝗽𝗼 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗮 𝗜𝘀𝗮𝗯𝗲𝗹 (𝗢𝘂𝘁𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗥𝗲𝗶)

Esta praia fluvial conta cun bosque de carballos (carballeira) onde estar resgardado, así como aparcamento e unha rede de carreiros.

| 🏖️ | #AquíSiHaiPraia | #OuteiroDeRei | #Lugo |
August 1, 2024 at 12:59 PM