#BLOGMETENDAL
#BLOGMETENDAL DCCXXXIII: Ben organizado
A roupa interior por dentro e a de fóra por fóra.
Coherencia, disque.
avelinogonzalez.gal/2025/10/26/b...
October 26, 2025 at 9:35 AM
#BLOGMETENDAL DCCLVI: Pentagrama
En clave de… trapo. Ou pra trapo solista
avelinogonzalez.gal/2026/04/12/b...
April 12, 2026 at 8:22 AM
#BLOGMETENDAL DCCXLI: Soedade e desleixo
Dous estados de ánimo nunha prenda só
avelinogonzalez.gal/2026/03/01/b...
March 1, 2026 at 9:08 AM
#BLOGMETENDAL DCCLXVIII: Milflores
O de menos é o tendedeiro.
O de máis é como se integra no entorno como unha planta máis.
Unha milfollas de milcores con raíces no ar.
avelinogonzalez.gal/2026/07/12/b...
July 12, 2026 at 8:59 AM
#BLOGMETENDAL DCCXL: Traballo
Cando miro un tendedeiro de aldea ou de casa de aldea, non podo evitar mirar traballo.
Mesmo se miro roupa de festa, miro corpos traballadores, sufridos.
Corpos ós que debo tanto!
avelinogonzalez.gal/2025/12/14/b...
December 14, 2025 at 9:35 AM
BLOGMETENDAL DCCXLII: Orde!
Método, sistema, orde, criterio. Previsibilidade, xa que logo.

Xa que logo, tamén, o acougo da estabilidade
avelinogonzalez.gal/2025/12/28/b...
December 28, 2025 at 11:57 AM
#BLOGMETENDAL DCCXXX: Contradición
Que contraditorio que sexa máis vistoso o negro que o branco, que luza máis o negro que o branco, que sexa máis vivo o negro que o branco.
avelinogonzalez.gal/2025/10/05/b...
October 5, 2025 at 8:28 AM
BLOGMETENDAL DCCLX: Orientación
Un tendedeiro serve para orientarse no espazo e na vida. Sempre che di de onde vén o aire.
Se tes un tendedeiro, sabes onde estás.
avelinogonzalez.gal/2026/05/17/b...
May 17, 2026 at 2:17 PM
#BLOGMETENDAL DCCX: Prá cama!
Da corda pra a cama.
Toda limpa. Vai calor así que non fai falta nada por riba. Se tal alguén ó lado.
Aínda vai sobrar roupa!
avelinogonzalez.gal/2025/05/04/b...
May 4, 2025 at 9:35 AM
#BLOGMETENDAL DCCLXVI: Morcegos
Coma morcegos durmiñando, as roupas de bebé.
Moito bebé hai que, ao xeito dos morcegos, voa pola noite.
Pouco bebé hai, á contra dos morcegos, que fagan a súa vida e deixen durmir aos demáis pola noite.
avelinogonzalez.gal/2026/06/28/b...
June 28, 2026 at 10:33 AM
#BLOGMETENDAL DCCXLVII: Pulcritude
Un balcón organizado, un tendedeiro de baixo custo sostible, e tanto! nos ferros do propio balcón.
Unha persoa organizada e pulcra malia a parede vella e deixada.
Contra o desleixo, a beleza de ter coidado.
avelinogonzalez.gal/2026/02/01/b...
February 1, 2026 at 9:20 AM
#BLOGMETENDAL DCCXXIII: Cos ollos do principiño
Non se ve a primeira vista, pero aí hai moita roupa tendida!
avelinogonzalez.gal/2025/08/17/b...
August 17, 2025 at 8:45 AM
#BLOGMETENDAL DCCIII: Disolución
Hai horas nas que todo se dilúe.

Dilúense as formas, como se dilúe o lixo e o fedor na roupa lavada.

Tamén a roupa se dilúe.

Dilúese o mundo.
avelinogonzalez.gal/2025/03/16/b...
March 16, 2025 at 1:24 PM
#BLOGMETENDAL DCCXXXI: Residentes
A roupa que traballa o campo no que se tende, tamén reside e resiste nese mundo.
Ou florece
avelinogonzalez.gal/2025/10/12/b...
October 12, 2025 at 9:30 AM
#BLOGMETENDAL DCCXL: Guante calcetín
Calcetíns coma guantes e guantes coma calcetíns.
Hai tempo eran doados de distinguir uns dos outros. Agora hai que deterse e ollar con xeito.
Coitados! Ningún mereceu unha pinza!
avelinogonzalez.gal/2026/02/22/b...
February 22, 2026 at 10:34 AM
#BLOGMETENDAL DCLXCII: Desvelado
Un tendedeiro tan ben organizado coma este, segundo o canon que di que a roupa miúda vai atrás da grande pra ocultala das olladas indiscretas.
Parece un tendedeiro de familia; a familia toda sentada nun bambán, contenta. Abanand...
avelinogonzalez.gal/2024/12/29/b...
December 29, 2024 at 9:44 AM
#BLOGMETENDAL DCCXXXVIII: Salto de vallas
Adestramento de roupas pra as olimpiadas.
O que non sei é pra que lado saltan.
Igual depende do vento!
avelinogonzalez.gal/2025/11/30/b...
November 30, 2025 at 9:13 AM
#BLOGMETENDAL DCCXLVIII: Ciencia.
Hai un xeito canónico de estender as bragas. Científico ademais. A intuición científica das mans que as tenderon foi afirmada pola ciencia convencional que demostrou que o sol é un axente abrancuxador eficaz. Que...
avelinogonzalez.gal/2026/02/08/b...
February 8, 2026 at 9:38 AM
#BLOGMETENDAL DCCXXIX: Un básico
Bisex. Non fai falta máis pra limpar e... botar o polvo.
avelinogonzalez.gal/2025/09/28/b...
September 28, 2025 at 8:18 AM
#BLOGMETENDAL DCCXVII: Peles
Primeira pel e segunda pel.
Mudar e non mudar de pel.
avelinogonzalez.gal/2025/07/06/b...
July 6, 2025 at 9:14 AM
#BLOGMETENDAL DCCXIV: Atrapada
Entre a porta e a varanda
Sen escapatoria
Non lle queda outra q agardar con paciencia a q abran as portas. Entón derrubarase no chan, sen folgos nin azos, pra respirar, desintoxicarse do fedor das zapatillas
A gorra tivo mellor sorte
avelinogonzalez.gal/2025/06/08/b...
June 8, 2025 at 10:07 AM
#BLOGMETENDAL DCCLXX: Ser roupa.
Ser roupa non é descansado. É moi sufrido.
Botan a mor parte do tempo nunha percha, e inda ben! cando non pregada con máis roupa por riba, abafándoas.
E poñémolas, e levámolas a un monte sitios ós que non lles preguntamos se que...
avelinogonzalez.gal/2026/07/26/b...
July 26, 2026 at 10:16 AM
BLOGMETENDAL DCCV: Unha poteira
Pra pescar chocos úsase a poteira. Unha ferramenta chea de ganchos que deben facer dano no coitado do choco que apañe.
Claro que o choco vai a ela de propio intento, mentres que a esta van as roupas forzadas, nada atraídas, levadas maiormente pola man que as lava
P...
March 30, 2025 at 11:42 AM
#BLOGMETENDAL DCCI: Máis ou menos
Máis balcón, ou máis tendedeiro.

Ou menos roupa.

Igual máis vivenda ou máis calidade de vida.
avelinogonzalez.gal/2025/03/02/b...
March 2, 2025 at 12:00 PM
BLOGMETENDAL DCLXC: Espazo persoal
Hai xente que aproveita a corda índa que sobre corda.
Esta persoa aproveita a corda espallando a roupa porque así tamén aproveita máis o aire, que o contacto incomoda o secado.
Cada prenda co seu..
avelinogonzalez.gal/2024/12/15/b...

Aquí tamén se respecta á roupa
December 15, 2024 at 2:23 PM