#Bibcoruna
A Biblioteca do Fórum celebra o Samaín cunha pequena mostra centrada na fantasía, a natureza, o outono e os bosques máxicos.
#bforum #bibcoruna #samain #CicloTematicos #mostras #OEuFabulando
October 3, 2026 at 10:02 AM
Día 1 na @bibcoruna.bsky.social #brosales: novidades do mes de febreiro e último lote de xogos de mesa para o préstamo a domicilio, listos!!! 🤩📚🎲🧩 #novidades #xogosdemesa

es.pinterest.com/bibcoruna/no...

www.coruna.gal/bibliotecas/...
February 1, 2025 at 9:43 AM
Hoxe ás 19 h na @bibcoruna do Fórum con @echeoqhai falando de #toponimia do barrio, evidentemente #LunsdeEncontros
December 2, 2024 at 7:44 AM
📢 Aviso: a nosa conta de Instagram @bibcoruna foi suspendida temporalmente pola plataforma. Xa presentamos a apelación e agardamos poder recuperala pronto.

Mentres tanto, seguimos activas por aquí, Fb, X e na web: coruna.gal/bibliotecas

📚 Grazas por estar sempre aí 💙

#SeguimosConectadas
May 23, 2025 at 4:40 PM
Queres converterte en paleontóloga ou paleontólogo por un día?
O 3 de outubro, obradoiros infantís para descubrir fósiles, crear réplicas, resolver pistas e coñecer a historia da Terra. 
👧🧒 4–12 anos
🕛 12.00–14.00 h
📍 Biblioteca Fórum
🎟️ Acceso libre.

#Paleontoloxía #BibCoruna #BForum #Ciencia
September 30, 2026 at 10:04 AM
O 23 de abril é o Día do Libro e nas @bibcoruna imos celebralo como merece! e mañá abrimos inscricións para o club de lectura exprés!

https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/destacadas-2025/dia-do-libro-2025

#DíadoLibroBMC
April 8, 2025 at 12:40 PM
Este outubro sumámonos ao #retolibroscontos25 lendo autoras Premio Nobel. Dende as @bibcoruna mergullámonos en voces que deixan pegada. Súmate e descubre lecturas que sorprenden e emocionan!💜 #AutorasNobel #recomendamosbmc #bookstagram
October 3, 2025 at 10:15 AM
Durante o verán, ven á biblioteca a xogar! 🎲♟️🥳
Estes meses, non aplican os horarios de xogo libre e pode xogarse en calquera momento calquera día da semana.
Descubre a nosa colección de xogos de mesa!
ℹ️https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/xogar-na-biblioteca

#bibcoruna #XogosdeMesaBMC
July 2, 2026 at 2:06 PM
Novo propósito para o 2026, terceiro ano con propostas de reto lector, unha suxestión diferente para cada mes do ano. Iremos dando ideas. Felices lecturas! 📚 #recomendamosbmc #bcastrillon #retolector2026
January 7, 2026 at 9:02 PM
Convivir cun animal achéganos felicidade, pero tamén esixe un compromiso real co seu benestar.
Participa nesta xornada para coñecer aspectos clave que che permitirán conectar aínda máis co teu peludo!

#bibcoruna #charlasBMC #bibliotecaverdeBMC #benestaranimal #coidadoanimal
May 21, 2026 at 4:06 PM
🖥️📚🌈Editatona de obras literarias na Galipedia: especial #Orgullo

Se es activista da literatura, contamos contigo para encher internet de libros!

ℹ️Inscricións desde as 10h de 05/xuño en:
📲https://l1nq.com/dt0zdd5

#bibcoruna #queeruña #OrgulloBMC #clubsdelecturaBMC #Galipedia
June 4, 2026 at 5:32 PM
Engadimos nova condición que afecta ás persoas inscritas no plan "activo" e o plan "de libro" do noso club virtual de lectura, o Ciberclub. Este ano van formar parte do noso Consello de Lectura! Únete a el en: forms.gle/mjUoeuGaLKVS...

#bibcoruna #clubslecturaBMC #lecturaciberclub #eusondesteclub
September 30, 2026 at 4:55 PM
🌑 Os eclipses pasaron de ser sinal de medo e mito a obxecto de ciencia e coñecemento.

📍 10 xuño 2026 | 19:00–20:30
📚 Biblioteca Fórum Metropolitano
🎤 Charla con Juan Nolasco (Planetario de Porto)

Entrada libre até completar capacidade.
#bibcoruna #Astronomía #Eclipses #Divulgación
June 8, 2026 at 4:04 PM
Prepárate para a eclipse total de Sol!
Constrúe unha caixa estenopeica e aprende a observar o Sol con seguridade.

📅 1/08
🕦 11:30 h
📍 Biblioteca Fórum Metropolitano
👧 A partir de 9 anos
📝 Inscrición previa na web das Bibliotecas

#EclipseSolar #Bibcoruna #Astronomía #bforum
July 28, 2026 at 3:30 PM
O 05 de xuño celébrase o #DíaMundialDoMedioAmbiente, e @concellodacoruna.bsky.social trae un programa que defende que o cambio comeza nos barrios. As bibliotecas unímonos á axenda o día 04 con Xulia Pisón e o seu cómic: Un día no Monte da Fraga.

#bibcoruna #bibliotecaverdeBMC #bcastrillon
June 2, 2026 at 10:03 AM
Sabemos o complicado que resulta triunfar cos regalos de Nadal, por iso as @bibcoruna facemos a guía⁣ 𝘏𝘪𝘴𝘵𝘰𝘳𝘪𝘢𝘴 𝘥𝘦 𝘳𝘦𝘨𝘢𝘭𝘰 co propósito de axudar nesta elección. As propostas son do persoal bibliotecario e as lecturas #LGTB, son os integrantes do club de lectura quen recomenda.
December 5, 2024 at 1:36 PM
Na biblioteca non só prestamos xogos: tamén os creamos!

Se sempre quixeches traballar na biblioteca, ponte a proba con este xogo de verán e poderás ser bibliotecaria/o por un día!

Lembra xirar o móbil!

📲https://view.genially.com/6a477ab4d9736fa2ab914b9b

#bibcoruna #XogarnaBiblioteca #xogosBMC
UN DÍA NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS | Genially
Se sempre quixeches traballar na biblioteca, ponte a proba con este xogo de verán e poderás ser bibliotecaria/o por un día!
view.genially.com
July 9, 2026 at 9:31 AM
📚 #LunsDeEncontros
O luns 21 de setembro, ás 19.00 h, a Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano acolle a presentación de "La canción del hijo de la lluvia", de Jorge Rivadulla, publicado por Editorial Kaunan.

📍 Acceso libre ata completar a capacidade.

#bibcoruna #CulturaCoruña #Literatura #bforum
September 18, 2026 at 10:20 AM
Coas persoas inscritas conformaranse 2 grupos na biblioteca Sagrada Familia e 2 grupos na biblioteca Ágora. As clases comezarán o 15 de setembro.

+info: https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/formacion/espanol-para-persoas-estranxeiras

#bibcoruna #españolparapersoasestranxeiras
Curso de español para estranxeiros
www.coruna.gal
August 27, 2026 at 8:30 AM
Sabías que na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano podes levar en préstamo un lector electrónico?
Miles de páxinas, un dispositivo lixeiro e a comodidade de ler onde máis che guste.
#bibcoruna  #LecturaDixital #bforum #LectorElectrónico
July 22, 2026 at 10:03 AM
Hoxe queremos contribuir a que goces do verán sen ter que saír da cidade. Para iso, preparamos un vídeo con rutas insólitas con intención de que namores e crearche necesidades.

💡Sabías que as bibliotecas organizamos roteiros pola cidade dentro dos nosos programas?

#bibcoruna #RutasInsólitasBMC
July 21, 2026 at 11:31 AM
☀️📚 Xa podes consultar a folla informativa deste verán na Biblioteca de Castrillón. Atoparás recomendacións lectoras e moitas novidades. Se buscas a túa próxima lectura para as vacacións, pásate pola biblioteca e descóbreas. ✨
#bcastrillón #Novidades #bibcoruna
July 1, 2026 at 6:02 PM
Entramos de pleno no verán. Non apetece xa vivir aventuras e planificar escapadas? Propoñémosche títulos refrescantes para que goces da Coruña e bisbarra con outros ollos. Nós poñemos os libros: ti decides!

#bibcoruna #recomendamosBMC #viaxesBMC #lecturasdeverán
June 25, 2026 at 10:12 AM
As noites telúricas teñen o poder de transformarnos en poetas (e, se non o cres, mira o vídeo...), pero non por iso deixamos de recomendarche lecturas! 😉 Desfruta a festa e lembra que mañá, como cada festivo, estaremos pechadas! Vémonos o xoves 25.
Feliz noite meiga🫶🔥😍

#bibcoruna #SanXoánNaCoruña
June 23, 2026 at 8:06 AM