#CasteloConta2026
🌿 ‘Do Santiago ao San Ramón’

O #CasteloConta2026 pechou a súa décimo primeira edición entre alboradas, coches clásicos, tradición, polbo, música e unha romaría das de toda a vida.

Do comezo do verán ao final, Castelo volveu encherse de actividade, encontros e xente 🌿
Do Santiago ao San Ramón - Castelo Conta
O Castelo Conta 2026 despídese coa Romaría de San Ramón, unha xornada de tradición, comunidade e festa que pon o punto final a un verán de actividade no rural.
casteloconta.gal
September 1, 2026 at 9:39 AM
🎬 'Mulleres que Contan' continúa o seu percorrido. Despois da súa estrea no #CasteloConta2026, o documental volve á pantalla esta tarde en Ponte Ulla (Vedra), dentro da primeira parada de 'A Lacena Pequena'.
‘Mulleres que Contan’ chega a Vedra da man do proxecto 'A Lacena Pequena' - Castelo Conta
‘Mulleres que Contan’ proxéctase esta tarde en Vedra, dentro da primeira parada de A Lacena Pequena e tras a súa estrea no Castelo Conta.
casteloconta.gal
September 18, 2026 at 8:30 AM
🍽️ Durante cinco días, dezaseis cociñeiros e cociñeiras pasaron polos Vermús na Taberna do #CasteloConta2026.

Algúns repetían, outros viñeron por primeira vez, pero todos deixaron na praza unha pequena mostra do que fan durante todo o ano nos seus restaurantes 🌿

Agora, toca devolverlles a visita!
Unha volta aos fogóns do Castelo Conta - Castelo Conta
Os cociñeiros e cociñeiras do Castelo Conta 2026 comparten a súa cociña. Descubre onde seguir gozando das súas propostas.
casteloconta.gal
September 4, 2026 at 7:22 PM
💃 ‘Anda meu amore, imos a bailare’

O sábado no #CasteloConta2026 foi música, gastronomía, humor e festa desde primeira hora ata a última canción. Bibopalula, catro cociñeiros, Tanto Nos Ten, Quinkillada, Skadelos, a Noite do Castelo Conta e Gin Toni’s puxeron Castelo en movemento.
‘Anda meu amore, imos a bailare’ - Castelo Conta
O sábado do Castelo Conta 2026 estivo marcado pola música, a gastronomía, o humor e as ganas de bailar.
casteloconta.gal
August 30, 2026 at 12:12 PM
‘Todas levamos o lume pra mudar a nosa historia’ 🌿

O segundo día do #CasteloConta2026 pasou polas fragas de Cabrois, polas regueifas de Vilaverde e pola música urbana feita en galego.
‘Todas levamos o lume pra mudar a nosa historia’ - Castelo Conta
A segunda xornada do Castelo Conta foi para descubrir, aprender e reivindicar o que é noso. Desde as fragas de Cabrois ata a praza da Taberna, pasando por Vilaverde e pola música urbana, o martes tivo...
casteloconta.gal
August 26, 2026 at 11:06 AM
🌿 'Que bonito é facer as cousas polo pobo de cada quen'.

Así comezou o #CasteloConta2026: Xente Miúda, Vermú na Taberna, Contos de Castelo e Orquestra Bravú Xangai. Un primeiro día de choiva intermitente, música, comida, a memoria de Finita Gay e moita vida en Castelo de Abaixo.
Que bonito é facer as cousas polo pobo de cada quen - Castelo Conta
O Castelo Conta 2026 arrinca cunha primeira xornada marcada por Xente Miúda, a música, a gastronomía e a recuperación da memoria de Finita Gay.
casteloconta.gal
August 25, 2026 at 10:14 AM
🥛 Deleite volve acompañar o #CasteloConta2026.

Na Taberna, nas barras do festival e nos almorzos de Xente Miúda, o leite chega a Castelo acompañado de toda unha historia: a das persoas que o producen, a dun territorio e a dun rural que segue vivo 🌿
Deleite: O sabor dun rural que segue vivo - Castelo Conta
Deleite volve acompañar o Castelo Conta, presente na Taberna, nas barras do festival e nos almorzos de Xente Miúda.
casteloconta.gal
August 23, 2026 at 6:26 PM
🎞️ O pasado domingo 16 de agosto, a Praza do Concello de Triacastela acolleu unha nova preestrea de ‘Mulleres que Contan’.

Antes da súa estrea no #CasteloConta2026 🌿, as once protagonistas puideron verse na pantalla por primeira vez, acompañadas polas súas familias, amizades e veciñanza.
Triacastela celebra as súas mulleres na penúltima preestrea de ‘Mulleres que Contan’ - Castelo Conta
Triacastela acolleu a penúltima preestrea de ‘Mulleres que Contan’, compartindo as historias, lembranzas e reflexións das súas protagonistas.
casteloconta.gal
August 20, 2026 at 8:49 PM