#FaiteUnHome
Chorar, tremer ou romperte por dentro non che quita o carné de home.
O que dá vergonza allea é seguir finxindo que es de ferro.
#FaiteUnHome
November 13, 2026 at 10:38 AM
Canto levas sen dicirlle a un amigo que o queres?
A frialdade non te fai máis home: déixate só.
#FaiteUnHome
November 17, 2026 at 7:19 AM
Aprende a calar e a escoitar.
Non fai falta que expliques o que non viviches nin que deas leccions a todas horas.
Menos paternalismo e máis escoita. #FaiteUnHome
November 18, 2026 at 10:45 AM
"Eu na casa fago todo o que me mandan"
Ese é xustamente o erro: ter que esperar instruccións.
Conciliar é pensar e executar. Cousa de todes.
#FaiteUnHome
November 16, 2026 at 12:33 PM
Levas unha semana incómodo vendo 'FAITE UN HOME' nas marquesiñas e nos buses.
Tranquilo, o susto ten explciación: non viñemos a pedirche que sexas máis macho.
Viñemos convidarte a que sexas máis libre.
#FaiteUnHome
November 12, 2026 at 11:46 AM