#Fibromialxia
É destas movidas que das por sentadas porque como van estar exentas de ive, pero aquí estamos outra vez defraudades por España, tendo que nos alegrar porque agora propoñan que paguen o 10% coma se fosen, que sei eu, os produtos de ortopedia que necesito para a fibromialxia
October 1, 2026 at 10:28 AM
A ver. Unha coñecida leva 2 anos de baixa por múltiples causas (hernia, fibromialxia, depresión que neste tempo non saíu da casa), a SSSS doulle 0% na valoración da discapacidade, nin miraron.
Pois a culpa é dos inmigrantes e hai que eliminar todas as pagas
April 9, 2026 at 11:52 AM
Fibromialxia?
December 2, 2025 at 5:06 PM
A fibromialxia ten base biolóxica...

Agora ben, este artigo orixinal serve máis para establecer as heredabilidade parcial do síndrome, e non avanza en causas ambientais (coma as infeccións virais) ou fisiopatoloxía

www.nature.com/articles/s41...
The genetic architecture of fibromyalgia across 2.5 million individuals - Nature Medicine
A multi-ancestry genome-wide association study meta-analysis across 2,563,755 individuals identifies 26 risk loci for fibromyalgia, including HTT, and finds genetic correlations with chronic pain and ...
www.nature.com
July 29, 2026 at 7:30 AM
As palabras emocionan cando nacen da dor compartida.

No Faro de Vigo publícanme este artigo de opinión polo Día da #Fibromialxia e da #FatigaCrónica. Grazas por facernos un pouco máis visibles.

🔗 farodevigo.es/opinion/2025/0…#12DeMaioio
May 12, 2025 at 9:00 AM
Normal, hai cousas super importantes que requiren solucións, como a alopecia ou a disfunción eréctil e cousas anecdóticas como a fibromialxia ou a endometriose.
Que afecten máis a homes ou a mulleres é pura casualidade.
March 24, 2026 at 6:38 PM
Tras catro anos sen diagnóstico, a fibromialxia transforma a vida nunha resistencia constante: dor perpetua, corpo limitado, amizades que desaparecen e unha vida afectiva case imposible. O sentido xa non é vivir mellor, senón seguir estando.
December 16, 2025 at 6:53 AM
Unha preguntiña, o roteiro vai ser moi longo?
Interesame moitisimo pero teño q andar con baston pola fibromialxia e non sei se aguantarei moito se é moito tempo.
Graciñas.
🤍🩵🤍
October 17, 2025 at 12:01 PM
⏺️ FIBROMIALXIA | A asociación de pacientes desta enfermidade en Lugo fai visible una doenza que afecta a arredor do 3 % da poboación | De difícil diagnóstico e sen causa coñecida, a fibromialxia ten síntomas moi variados | @orestesc.bsky.social | Imaxe: Dani Pais | www.rtve.es/play/videos/...
May 12, 2026 at 3:04 PM
🟣 A rúa San Andrés estrea un banco de cor morada para conmemorar o Día Mundial da Fibromialxia e contribuír á visibilización desta síndrome crónica

🤝 Esta iniciativa é froito da colaboración entre o Concello e a asociación Fibro Visibles

ℹ️ https://i.gal/IuVIy
May 11, 2026 at 7:02 PM
Cres que con eses síntomas, sendo muller, sería igual?
A realidade é que non, salvo que sexa alguén de 20 anos.
Diríanlle ansiedade, fibromialxia...
May 30, 2026 at 7:35 AM
Para que aparezan os cartos hai que visualizar moitos homes con fibromialxia e os seus padecementos.
Admito a demagoxia desta minha afirmación, pero o nesgo está aí.
July 29, 2026 at 11:20 AM
Acompañamos en María Pita a lectura do manifesto co que se celebra o Día Mundial da Fibromialxia e a Síndrome de Fatiga Crónica.

Un día para reivindicar máis empatía, máis investigación, máis recursos e unha atención especializada e interdisciplinar para o tratamento da doenza.
May 12, 2026 at 12:22 PM
O camiño da enfermidade vólvese máis estreito cando os apoios desaparecen. Esta imaxe lémbranos unha dura realidade: "Nas boas está calquera, nas malas ficas só". A #Fibromialxia non só doe no corpo, tamén doe no silencio de quen marcha. 👤💜 #Invisibilidade #Soidade #DorCrónica
January 27, 2026 at 2:23 AM
A enfermidade non remata cando saes do hospital. Moitas persoas seguen loitando en silencio cada día, aínda que xa non estean ingresadas. A saúde non se ve sempre, e lembrar de alguén só cando está no hospital é esquecer a súa batalla diaria. #Enfermidade #Fibromialxia
November 30, 2025 at 9:59 AM
Hoxe, día 12 de maio, celébrase o Día Mundial da Fibromialxia e Síndrome da Fatiga Crónica.

Trátase dunha enfermidade reumatolóxica caracterizada por dor xeneralizada no sistema músculo-esquelético, cansazo persistente e alteracións do sono, afectando a entre un 2 e un 7% da poboación.
May 12, 2025 at 7:25 AM
A fibromialxia é unha doenza invisible que non só doe no corpo, senón tamén na alma. O enfermo vive nun limbo entre o descrédito e a incomprensión, onde cada día é unha loita silenciosa contra a dor, o cansazo extremo e a falta de recoñecemento.
October 4, 2025 at 12:16 PM
San Andrés estrea un banco de cor morada para conmemorar o Día Mundial da Fibromialxia
San Andrés estrea un banco de cor morada para conmemorar o Día Mundial da Fibromialxia
San Andrés estrea un banco de cor morada para conmemorar o Día Mundial da Fibromialxia
www.elidealgallego.com
May 11, 2026 at 3:43 PM
A fibromialxia explicada sen palabras: un corpo atrapado nunha gaiola de espiños que nace de si mesmo. Unha cadea invisible onde a dor se volve muros e o silencio, a súa única testemuña. Arte que dá voz ao que moitas veces non se ve. 🎨💜 #Fibromialxia #DorCrónica #Visibilidade
January 27, 2026 at 2:20 AM
Procurando companheira de conversas. Xa que as limitacións da fibromialxia non facilitan as interaccións en persoa.
November 17, 2025 at 4:17 PM
2️⃣ "A fibromialxia é unha enfermidade complexa con orixes neuroinmunolóxicas, non un 'alergia ás ondas'. Culpar ás redes sen base científica perxudica a quen busca diagnóstico e tratamento real. #SaúdeSenMitos"
April 19, 2025 at 6:43 AM
1️⃣ Non, o Bluetooth e as redes móbiles NON causan fibromialxia. A ciencia é clara: non hai evidencia de que as radiacións non ionizantes (como WiFi) provoquen doenças crónicas. O perigo? Pseudociencia que desvía a atención das causas reais. 📡❌ #CienciaNonBulos
April 19, 2025 at 6:43 AM
A xente que temos fibromialxia non é que non queiramos facer cousas, pero complicansenos ás veces facelas, non é por non querer, senon porque a dor continua que sufrimos limitanos .
December 4, 2024 at 11:49 AM