#Lecturas24
59. La hermana menor de Mariana Enríquez. Interesante retrato dunha personalidade, un tempo e un pensamento cultural. Faltan pezas na lectura, pero o que hai abonda para coñecer mellor a Silvina Ocampo, Bioy Casares e Borges. Suficiente? Penso que non.
#FranLe #Lecturas24
December 17, 2024 at 1:16 PM
62. Señora de rojo sobre fondo gris de Miguel Delibes. Fermoso canto ó amor perdido e mecanismo psicolóxico de exorcización da dor pola perda. Claramente autobiográfico, é unha mostra inmensa da excelsa calidade de Delibes. Marabilloso libro. E última lectura do ano.
#FranLe #Lecturas24
December 30, 2024 at 7:24 PM
38. El nervio óptico de María Gainza. Marabilloso, non atopo palabras para definir algún dos estupendo fragmentos de vida e arte que disecciona aquí a aurora arxentina. Un dos mellores libros que lin nesta década, e neste ano seguro. Hai que lelo.
#FranLe #Reto24 #Lecturas24
July 31, 2024 at 6:51 PM
50. Símbolos naturales de Mary Douglas. Acabeino de ler na Baía de Halong e foi un pracer aprender tanto sobre a relación entre a cultura e a forza das estruturas sociais. A veces algo enrevesado na redacción, pero acabas por adorarlo pola súa forza e claridade.
#FranLe #Lecturas24
October 7, 2024 at 3:28 PM
61. Los chicos de la Nickel de Colson Whitehead. Racismo, intolerancia e morte, loita polos dereitos civís e, de fondo, a figura do Dr. King. Ten partes marabillosas e un final sorprendente, con algúns fragmentos na segunda parte algo menos conseguidos, pero aínda así un novelón.
#Franle #Lecturas24
December 30, 2024 at 10:09 AM
60. La colección de Juan Mayorga. Obra teatral gaseosa onde se xoga coa 'colección' como un significante baleiro que a lectura pode encher de varias maneiras (algo que destaca Juan Pimentel na súa análise anexa). Eu relaciónoa coa memoria, coa herdanza, coa angustia existencial.
#franle #Lecturas24
December 30, 2024 at 9:06 AM
58. Cinco horas con Mario de Miguel Delibes. Impresionante descrición da sociedade española no franquismo dende un punto de vista equidistante que constrúe personaxes e personalidades de forma maxistral. Sen palabras.
#FranLe #Lecturas24
December 13, 2024 at 5:04 AM
57. Los hombres del norte de John Haywood. Crónica da presenza dos vikingos en terras britanas, con notas doutros territorios. A súa presenza en Iberia ten o peor capitulo do libro, pésimo. O tema central está moi ben tratado, os secundarios son mellorables. Decepcionoume.
#FranLe #Lecturas24
November 29, 2024 at 4:40 PM
56. El espejo de un hombre de Stephen Greenblatt. O mellor resume faise invertindo o seu subtítulo: época, obra e vida de W. Shakespeare. Moi interesante se queres coñecer a vida na Inglaterra dos últimos Tudor e os primeiros Estuardo. Algo repetitivo, pero interesante.
#FranLe #Lecturas24
November 21, 2024 at 4:59 PM
55. Ciencia ficción capitalista de Michel Nieva. Horrible. Repleto de lugares comúns, ideas baleiras, análises absurdas e oportunidades perdidas. A CF é un anzol usado sen sentido. Só crítica a Elon Musk e millonarios análogos sen sentido nin rigor. Fuxide deste libro.
#FranLe #Lecturas24
November 8, 2024 at 8:21 AM
53. La fundación de Antonio Buero Vallejo. Impresionante. Conexión intermedia entre El Quixote e Matrix sobre a realidade opresora, as fuxidas, a loita e a busca da verdade. Retrato da natureza humana e lección moral sobre o poder da esperanza. Hai que lela.
#FranLe #Lecturas24
October 21, 2024 at 4:37 AM
52. 1177 a.C. El año que la civilización colapsó de E.H. Cline. Moi ben fundamentado e sólido na súa defensa dun final multicausal da caída civilizatória que supuxo o fin da Idade de Bronce e o comezo da Idade de Ferro. Escrita sinxela, directa e clara. Didáctico e intelixente.
#FranLe #Lecturas24
October 9, 2024 at 4:47 PM
51. Galápagos de Kurt Vonnegut. Un despropósito. Ideas confusas escritas sen orde nin concerto nin gusto estético, nunha trama enrevesada, ridícula e pastiche. Un autor capaz do mellor, e aquí tamén do paupérrimo. Repite temas xa coñecidas: sinrazón humana e condena da violencia.
#FranLe #Lecturas24
October 8, 2024 at 3:07 PM
48. La posibilidad de una isla, de Michel Houellebecq. Mala a rabiar. Núcleo narrativo incoherente. Voz narrativa mal definida. Temas e personaxes mal escritos. Uso trapalleiro do marco da CF. Todo o que ten que dicir queda claro nas 100 primeiras páxinas. Novela moi menor.
#FranLe #Lecturas24
September 14, 2024 at 9:27 AM
47. Nada de Carmen Laforet. Horrible. Moi mal escrita. Voz narradora en terceira persoa baleira de personalidade e historia, plana. Pequeno valor sociolóxico e xeográfico, mais non literario. A linguaxe é pésima. As figuras están mal usadas, moi sobrecargadas.
#FranLe #Lecturas24
September 3, 2024 at 11:00 PM
46. Maniac de Benjamín Labatut. Nunca neste ano lin 2 libros seguidos do mesmo autor... ata agora. Motivo? Explorar se Labatut é ou non CF. Un xénero con tan flexibles fronteiras, pode tomar esta obra como súa? Persoalmente, penso que si. Escribirei sobre iso. Moi recomendable.
#FranLe #Lecturas24
August 29, 2024 at 6:35 AM
45. Un verdor terrible de Benjamín Labatut. Impresionante e imprescindible. Un novo camiño da CF onde a realidade e a ciencia acadan novas cotas e buscan novos obxectivos. Aquí ademais temos unha perspectiva ampla dende a bioloxía, a química, a matemática ou a física. Lédeo!
#FranLe #Lecturas24
August 23, 2024 at 6:38 AM
44. El género en disputa de Judith Butler. Un clásico do feminismo fundamental no seu tempo, iniciático en moitos temas actuais, pero que co paso do tempo queda desfasado, como o mesmo prólogo de 1999 admite. A lectura é densa, pero gratificante e satisfactoria. Moi recomendable. #FranLe #Lecturas24
August 21, 2024 at 10:06 AM
43. Abel Sánchez de Miguel de Unamuno. Interesante novela fragmentaria que, sobre unha base existencial, reflexiona a partir do mito de 'Caín e Abel' sobre o sentido da vida; esencialmente tráxico. Irregular, pero interesante. O tema da envexa e o odio está moi ben traído. #FranLe #Lecturas24
August 19, 2024 at 6:50 AM
42. Relatos de Deborah Eisenberg. Irregular por culpa duns textos bastante homoxéneos técnicamente, con defectos de tradución e algunha falta de ortografía. O libro transmite certa sensación de descoido. A selección dos textos non é axeitada. Lástima de bois.
#FranLe #Reto24 #Lecturas24
August 15, 2024 at 5:26 AM
40. Las ratas de Miguel Delibes. Marabillosa crónica do inicio do baleirado do campo español a partir dunha reivindicación da sabedoría e a vida popular dende a personaxe universal do Nini, representante en si mesmo de tantas cousas. Xa non se fan novelas así.
#FranLe #Reto24 #Lecturas24
August 4, 2024 at 3:34 PM
39. La belleza del marido de Anne Carson. Impresionante. Non creo que poda resumilo nin definilo. É unha experiencia existencia a partir dun matrimonio sen sentido. Imprescindible.
#FranLe #Reto24 #Lecturas24
August 2, 2024 at 9:00 AM
35. Hollywood Babylon de Kenneth Anger (en inglés). Historia do cine clásico dende os anos 20 ata os 60, centrado nas súas personaxes e episodios máis truculentos. Para amantes do morbo e os curiosos do cine clásico. Interesante.
#FranLe #Reto24 #Lecturas24
July 14, 2024 at 7:19 PM
26. Manifiesto Cyborg de Donna Haraway. Vooume a cabeza. Un ensaio prospectivo certeiro e intelixente, crítico e concreto, exhaustivo e positivo. Ogallá moitos máis así. Para min é xa un imprescindible. #FranLe #Oslibrosqueleo #Lecturas24
May 15, 2024 at 2:15 PM