#LecturasdenadalconXerais
DÍA 3:

Paisaxes xeadas, atmosferas silenciosas e historias que medran a lume lento: estas son as nosas recomendacións de novelas ambientadas en paisaxes invernais.☃️

Que libros vos trasladan á neve e ao frío?❄️

#LecturasdeNadalconXerais

Agustín Fernández Paz e @antoniomfraga.bsky.social
December 3, 2025 at 4:02 PM
DÍA 8:

Lecturas que falan de lealdade, complicidade e risos compartidos: a amizade como o verdadeiro agasallo.🎁

 Que libro sobre amizades inesquecibles recomendariades? 😊

#LecturasdeNadalconXerais 

@antoniomfraga.bsky.social e Xavier Estévez.
December 8, 2025 at 12:02 PM
DÍA 5:

Libros perfectos para quen sabe que as receitas son pontes entre persoas. Porque ás veces unha receita é moito máis ca comida: é memoria, é encontro.🍽️

Que títulos recomendariades?😊

#LecturasdeNadalconXerais
December 5, 2025 at 11:02 AM
Mañá comezaremos un calendario literario de Nadal que durará ata o 24 de decembro.

Cada día recomendaremos libros que asociamos co Nadal porque estas datas son un bo momento para ler estas historias. Compartide as vosas recomendacións co hashtag #LecturasdeNadalconXerais.

Damos inicio ao Nadal!
November 30, 2025 at 8:01 PM
DÍA 2:

Nesta época do ano, deixémonos levar por historias que lembran que sempre hai un motivo para seguir crendo na maxia.🪄

Cal é o voso libro de fantasía e maxia preferido?💫

#LecturasdenadalconXerais

Miguel Alonso Diz, @lediciacostas.bsky.social, Ana Vigo.
December 2, 2025 at 2:02 PM
DÍA 4:

Libros infantís para os nenos e nenas do voso arredor, perfectos para compartir momentos de lectura, descubrimentos e diversión. E tamén para quen queira recuperar o seu neno ou nena interior.

#LecturasdeNadalconXerais

Érica Esmorís e Elena Gallego Abad.
December 4, 2025 at 1:04 PM
DÍA 15:

Hoxe recomendámosvos libros  que unen xeracións e crean espazos compartidos entre maiores e pequenos.😊

Que libro recomendariades?📚

#LecturasdeNadalconXerais
December 15, 2025 at 2:30 PM
DÍA 1:

Libros que saben mellor cunha bebida quente entre as mans e tempo para deixarse levar.

Que libro acompañariades dun café?

#LecturasdeNadalconXerais

@mariabesteiros.bsky.social  e Andrea Maceiras.
December 1, 2025 at 5:30 PM
DÍA 22:

Hoxe recomendámosvos libros tan doces coma o turrón, que non proporcionanan calma, diversión e confort.🍫

Que título incluiriades nesta categoría?😋

#LecturasdeNadalconXerais

@lediciacostas.bsky.social e Fina Casalderrey.
December 22, 2025 at 3:03 PM
DÍA 12:

Buscades ideas de agasallo? Este libros ilustrados nunca fallan!📚

Tradición, fantasía e historia mesturadas cunhas ilustracións marabillosas son un acerto seguro😊

Que libro de Xerais sempre regalades?🎁

#LecturasdeNadalconXerais
December 12, 2025 at 3:02 PM
DÍA 9:

Existe mellor plan que sofá, manta e libro? Seguro que non! Por iso hoxe recomendámosvos estes libros que vos acompañarán nestes momentos de descanso.🛋️

Que libro escolleriades?📚

#LecturasdeNadalconXerais

Agustín Fernández Paz e @bertadavila.bsky.social
December 9, 2025 at 3:02 PM
DÍA 10:

Se aínda non es lectorx, estes libros están agardando por ti. Porque sempre hai un libro que abre todas as portas.✨

Que libro recomendariades a alguén que non le?📖

#LecturasdeNadalconXerais

Alba De Evan e @lediciacostas.bsky.social
December 10, 2025 at 1:02 PM
DÍA 11:

Ás veces os libros son o refuxio que precisamos cando queremos atopar acougo. Recomendámosvos estas lecturas que son un lugar seguro.🏠

En que libro buscades acougo cando o precisades?📚

#LecturasdeNadalconXerais

Rosa Aneiros e @ceciliafsantome.bsky.social
December 11, 2025 at 5:02 PM
DÍA 20:

Recompilación de libros  para esas tardes de choiva nas que apetece quedar na casa e que encaixan á perfección co son da auga na ventá🌧️

Que libros credes que son perfectos para días de choiva?☂️

#LecturasdeNadalconXerais
December 20, 2025 at 9:01 AM
DÍA 14:

Libros que romperán os vosos esquemas e abrirán novas maneiras de ler, pensar e mirar o mundo. Unha selección para quen busca historias que van máis alá do esperado 🤯

Que libro vos rompeu os esquemas?📚

#LecturasdeNadalconXerais
December 14, 2025 at 10:02 AM
DÍA 7:

Nada acompaña mellor o crepitar do lume ca un bo libro. Estes son os nosos imprescindibles para gozar da cheminea.

Cal é para ti o libro perfecto para unha tarde de cheminea?🔥

#LecturasdeNadalconXerais

@susodetoro.bsky.social  e Olaia Sendón.
December 7, 2025 at 10:01 AM
DÍA 23:

Recomendámosvos libros para reler no Nadal🎄

Obras que, con cada nova lectura, continúan ofrecendo descubrimentos e momentos de tranquilidade.😊

#LecturasdeNadalconXerais

@manuelrivas.bsky.social @lediciacostas.bsky.social
December 23, 2025 at 4:02 PM
DÍA 21:

Recomendacións de libros sobre a familia: historias sinceras, complexas e cheas de vida, para pensar no que somos e no que compartimos🤝

Tedes libro favorito sobre este tema?😊

#LecturasdeNadalconXerais
December 21, 2025 at 10:01 AM
DÍA 19:

Hoxe recomendámosvos libros que nos fan sentir na casa: historias que nos acollen e acompañan🏠

Que libros vos fan sentir na casa?😊

#LecturasdeNadalconXerais

@aliceoseman.bsky.social  e @diegogiraldez.bsky.social
December 19, 2025 at 3:02 PM
DÍA 18:

Recomendámosvos historias que nos fan respirar fondo, sorrir e confiar de novo no que vén💫

Que libro vos devolveu a esperanza ultimamente?🌿

#LecturasdeNadalconXerais
December 18, 2025 at 12:01 PM
DÍA 17:

Neste Nadal convidámosvos a descubrir (ou redescubrir) libros que recollen as nosas tradicións e a nosa cultura.

Con que libro sobre as nosas tradicións quedades?📚

#LecturasdeNadalconXerais
December 17, 2025 at 4:02 PM
DÍA 16:

Se o Apalpador tivese tempo libre entre montaña e montaña, seguro que levaría algún destes libros na mochila. Aquí vai a nosa selección das lecturas que pensamos que lle gustarían⛰️

E vós, que libros credes que son os favoritos do Apalpador?📚

#LecturasdeNadalconXerais
December 16, 2025 at 12:30 PM
DÍA 13:

Esas lecturas que vos deixan sen fala e que queredes poñer nas mans de todo o mundo.😮

Cal é o voso libro "obrigatorio" para recomendar sen parar?📚

#LecturasdeNadalconXerais

@manuelrivas.bsky.social , Pedro Feijoo e Abril Camino.
December 13, 2025 at 9:01 AM
DÍA 6:

O Nadal é un momento perfecto para descubrir novas lecturas, e poucas cousas encaixan mellor co ritmo destas datas ca unha boa novela. Por iso reunimos unha selección de títulos ideais para esta época 📚

Que libro credes que é perfecto para ler no Nadal?🎄

#LecturasdeNadalconXerais
December 6, 2025 at 9:02 AM