#LeirasDeProgo
No paseo rural de onte polas #LeirasDeProgo:
- 2 corzas (nai e filla) ás que lles cedín o paso en canto decidiron cruzar

- un teixugo áxil

- 2 vultos que non recoñecín (supoño raposo e coello)

Déixovos un vídeo dunha captura fugaz.
September 30, 2026 at 7:51 AM
AVISO

Queres coñecer o proxecto #LeirasDeProgo?

Este martes teño unha visita dunha amiga. Quedamos no Riós (Ourense) ás 10:00 e botaremos toda a mañá. E xantaremos alí.

Moi precipitado?
Venres 2 de setembro pola tarde, tralo xantar, 2ª opción.
September 28, 2026 at 12:39 PM
Como celebrades vós este sábado de solciño?

Eu, de excursión para visitar unhas leiras dunha descoñecida, que me contactou pola web de #LeirasDeProgo. 🤷

A miña 2ª visita para asesoramento de campo "sen compromiso" (xa sabedes, de balde 😁). Eu, que levo nisto catro días.
September 26, 2026 at 8:32 AM
En 3-4 anos que levo co proxecto #LeirasDeProgo levo como 20 solicitudes de axuda, consultas, info... que trato de resolver a distancia. Correos, chats, teléfono... pero nunca foron a ningures.

Como estou comezando e cometín erros podo avisar deles e dar opcións. En campo, ver posibilidades...
September 20, 2026 at 10:12 AM
Homenón!! E apañei outros dous somieres de lamias (debía ser dunha cama-niño) que van para outra leira 😊

No proxecto #LeirasDeProgo apostamos polas tradicións. 😎
September 17, 2026 at 5:25 PM
Paseo nocturno por varias #LeirasDeProgo con avistamento de:

- familia de porcos (as crías xa son case tan grandes coma os pais). Xa debían andar a controlar as primeiras castañas.

- teixugo que fuxiu a fume de carozo (no mesmo lugar ca outras veces). A fume de carozo, para o que é un teixugo.
September 16, 2026 at 10:08 PM
Eu neste mundo re-enganchara daquela da man do @loispardo.bsky.social maila rede www.brinquedia.net

Co tempo, supoño que montarei un campiño no proxecto #LeirasDeProgo que alí xogaba moito a cativada nos 50-60, seica.
BRINQUEDIA | Rede Galega do Xogo Tradicional
www.brinquedia.net
September 12, 2026 at 4:59 PM
Interesante. Ao final non deixa de ser un "abrigo biodegradable lentamente". Mola que estes xa prepararon en rolo. Eu vouna apañar en bruto.

Por certo, nas #LeirasDeProgo teño de todo, agás glaciares 🤣
September 12, 2026 at 10:58 AM
Nas #LeirasDeProgo, claro 😎
September 12, 2026 at 9:40 AM
Teño tanto que contar e tan pouco tempo... Hoxe tocou actualiza o mínimo a web do proxecto #LeirasDeProgo para poñer, polo menos, a listaxe de leiras que estou a traballar.

Comecei con unha, despois foron 4, agora...
leirasdeprogo.com/blog/as-leir...
As Leiras • Leiras de Progo
Revisando na web non temos aínda unha listaxe actualizada nin descritiva das leiras que manexamos nestes intres. Polo momento vai ficar aquí en modo de artigo
leirasdeprogo.com
September 11, 2026 at 10:09 AM
Novo contacto polo formulario proxecto #LeirasDeProgo; alguén quere facer algo nas súas leiras nun concello da provincia de Pontevedra lindeira coa provincia de Ourense.

Con este, penso que chego ás 2 ducias de persoas interesadas en facer algo. Outra cousa é que eses contactos cheguen ao final.
September 11, 2026 at 9:26 AM
Que desastre... Na #LeiraACoroceira (replantada porque ardera o ano pasado) a falta de auga e rego de agosto fixo secar máis da metade dos castiñeiros. Porca vida. 😡

E a corza fodeu outro 🤬

Solución: achairar ben e meterlle rego o ano que vén. E replantar. Outra vez, claro.

#LeirasDeProgo
September 2, 2026 at 12:46 PM
Dixo Páter que ao mellor había que pensar en ir mercando un tractoriño.

Despois de arranxar a casiña da aldea, é a mellor oroba da confianza que, despois de 3-4 anos, lle dá o tema das #LeirasDeProgo.

Eu: "si, penso mirar algo de 2ª man nun ou 2 anos" (non teño de onde aforrar).

El:
August 31, 2026 at 12:33 PM
Invertir, caridade, chámalle como queiras. Nas #LeirasDeProgo non lle poñemos alcumes.

Ademais, neste caso pensamos no autoconsumo. O que van producir 30 pistacheiros non vai saír desta casa.🤪
August 30, 2026 at 8:48 PM
Hai 2 marcos de plantación. Marco = distancia entre árbores X distancia entre fileiras.

O m. rectangular (árbores nos vértices de rectángulos) e o m. en triángulo ("tresbolillo" en castelán).

#LeirasDeProgo #ComoPlantarCastiñeiros
August 27, 2026 at 1:41 PM
Mañá (e pasado) vou facer nas #LeirasDeProgo:
1.-O que máis me gusta

2.-Algo divertido

3.-Algo chungo
...
August 26, 2026 at 12:28 PM
Moito avanzamos... As 2 horas e pico daquela (naqueles vehículos) son agora unha hora escasa (90 % autovía) que case permiten xestionar proxectos #LeirasDeProgo desde a cidade, indo por volta no día
August 25, 2026 at 12:46 PM
Por "cousas" batín coa "Historia Natural" de Plinio o Vello e dar, dan gañas de bater nel. Di cousas como esta, sobre as castañas:
"Teñen unha defensa armada coa súa envoltura ourizada de pugas (...) e abraia que sexa un produto tan ruín o que na tarureza ocultou con tanto esmero."
#LeirasDeProgo
August 2, 2026 at 3:49 PM
😱

Rematouse a cervexa do proxecto #LeirasDeProgo. Aló foron os 3 barrís, coas castañas das variedades longal e pulida (única no mundo). Coa baixada da cartela de onte no @cervexariaomoucho.bsky.social pechamos esta pequena etapa.

Non sufrades, imos embotellar outros 2 barrís 😎
June 18, 2026 at 6:59 PM
Merd... O que nos apareceu hoxe na casa vella.

Xa teño mascota para o proxecto #LeirasDeProgo 🤦
June 16, 2026 at 9:26 PM
Onte non choveu nada nas leiras do proxecto #LeirasDeProgo.

Hoxe algo caeu. Pero temo que non abondo para aforrarme a rega desta semana. 😂
June 15, 2026 at 9:30 PM
E o que non son lugares. No proxecto #LeirasDeProgo (parroquia do concello do Riós) plantei árbores na Besada, O Cabezo, A Montán, A Coroceira, O Barreiro, A Pedreira, A Senra, As Fontenlas, A Ribeira Abaixo, Os Rebouzos...
June 9, 2026 at 10:28 PM
Ten a forma do meu cú. Paso 3 días seguidos no proxecto #LeirasDeProgo e, antes de pringar a finde completa no bar, teño que refacer a forma do coxín .
June 6, 2026 at 4:51 PM
Cervexa #LeirasDeProgo 😍
May 16, 2026 at 8:31 PM
Mándanme (a desgraza de estar traballando e non poder asistir en directo) a tiraxe da primeira pinta coa cervexa feita coas castañas do meu proxecto #LeirasDeProgo.

O que non sabedes é a historia que nos trouxo ata aquí 😁

No @cervexariaomoucho.bsky.social por obra e graza de Cervexas Santo Cristo.
May 16, 2026 at 5:40 PM