#LibrosEnGalego
Unha das eivas do mundo editorial galego, a ver se isto axuda algo: "A editorial Aira convoca o primeiro premio ao Libro Informativo Ilustrado": https://culturagalega.gal/noticia.php?id=39387
#librosengalego
September 28, 2026 at 2:39 PM
April 21, 2025 at 9:51 PM
July 9, 2025 at 10:40 PM
January 31, 2025 at 5:01 PM
June 6, 2025 at 9:07 PM
"A autoedición sae á luz. A investigación universitaria achégase a un ámbito que incrementa público e recoñecemento cultural": https://culturagalega.gal/noticia.php?id=38982
#librosengalego
May 28, 2026 at 1:44 PM
Hoxe, 16 de xuño, Bloomsday, publico en Biosbardia a terceira entrega de Clásicos en galego: o Ulises de Joyce: https://biosbardia.org/un-bloomsday-en-galego
#clasicosengalego #biosbardia #librosengalego #jamesjoyce #bloomsday
Un ‘Bloomsday’ en galego
biosbardia.org
June 16, 2026 at 9:36 AM
Ana Viéitez proponnos un thriller psicolóxico trepidante, unha historia de vinganza, amor e xustiza, onde romper o pacto de silencio pode supoñer as peores consecuencias.⚖️🔪❤️

#pactodesilencio #novela #thriller #librosengalego
May 21, 2026 at 6:02 PM
'Señoras en bicicleta', de Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos Domínguez, repasa a relación entre as mulleres e este vehículo sustentable e emancipador, dende as primeiras pedaladas á actualidade.
@raquelcpico.bsky.social
www.instagram.com/reel/DXd5qvc...
sushi.books on Instagram: "'Señoras en bicicleta', de Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos Domínguez, repasa a relación entre as mulleres e este vehículo …"
'Señoras en bicicleta', de Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos Domínguez, repasa a relación entre as mulleres e este vehículo sustentable e emancipador, dende as primeiras pedaladas á actualidade, con testemuños de usuarias como Leti ou Yesenia (nomadic_feminist).O Día do Libro é unha boa ocasión para ir buscar este novo título, con rodas ou sen elas.#librosengalego #díadolibro #feminismo #bicicletas #cicloviaxes
www.instagram.com
April 23, 2026 at 8:27 AM
"Patricia Buxán Outeiro gaña o Premio Plácido Castro pola tradución de Un cuarto propio": https://culturagalega.gal/noticia.php?id=39335
#librosengalego
September 15, 2026 at 4:44 PM
'As que non dormen. NASH' Dolores Redondo «volve á casa» con esta novela na que tamén se reencontra coa inspectora Amaia Salazar, a tía Engrasi e moitos dos mitos e murmurios dos Vales Tranquilos navarros.

#LibrosEnGalego #Allariz #airadasletras
April 9, 2025 at 12:30 PM
De María Solar a Stefan Zweig. Dez libros para xuño do 2026
biosbardia.org
June 1, 2026 at 2:56 PM
"Nace a primeira editorial de manga en galego": https://culturagalega.gal/noticia.php?id=38972
#librosengalego
May 28, 2026 at 6:26 AM
De Xabier Quiroga a Neera. Dez libros para maio do 2026
biosbardia.org
May 4, 2026 at 2:19 PM
"Con E de curcuspín. Carta ás linguas", Mario Obrero, Rinoceronte, 2025, trad. de Moisés Barcia. Unha defensa das linguas minorizadas do estado español feita con cariño, conciencia cívica e sensibilidade poética. Moi recomendábel.
#ensaio #linguasminorizadas #librosengalego
May 1, 2026 at 12:07 PM
De Suso de Toro a Elizabeth Gaskell. Dez libros para abril do 2026
biosbardia.org
April 7, 2026 at 12:45 AM
Notas tras a lectura do poemario Pai (Miguel Louzao Outeiro, Xerais, 2026): https://escritura.social/marcostaracido/notas-sobre-pai
#poesia #librosengalego
Notas sobre Pai
> _Pai_ , Miguel Louzao Outeiro, Xerais, 2026 O primeiro que pensei cando estaba a ler o poemario foi que estaba ante un cancioneiro, coa súa estrutura de descuberta, conquista e mantemento do amor, sen a parte do desamor e o conflicto porque no amor filial iso non existe. 44 poemas que trazan a crónica sentimental dos primeiros cinco anos que un pai comparte con seu fillo. A perspectiva é a dun novo xeito de exercer a paternidade, dunha nova masculinidade consciente do papel secundario que a natureza otorga ao home e de como esa asunción axuda a tentar superar paso a paso séculos de desigualdade. É un poemario aberto, máis interrogativo que conclusivo, máis de establecer dúbidas que de asentar certezas... .... un traballo de nudez, unha exposición dunha intimidade pouco “masculina”, unha descripción da fraxilidade que supón enfrontarse conscientemente á paternidade. Unha reflexión que poucas veces se fai, unha ollada ao acto de crear unha vida e deterse en aspectos que case sempre obviamos. Hai un poema no que lembra unha vaca da súa infancia, lembra como paría... Digamos que o nacemento que se produce no poemario é o contrario ao natural, o contrario ao da vaca, por consciente, por pensado, por pautado e proxectado, e no entanto devén na mesma naturalidade o neno que o xato pola incertidume e a natureza indefiníbel do amor. Nalgún poema faise demasiado obvia a mensaxe, demasiado plana, prosaica de máis, seguramente en interese dunha claridade que permea todo o poemario. En paralelo á conquista, devagar, do mundo sensíbel, por parte do pai e do fillo exploradores, tamén está a conquista da lingua, que medra no cativo impregnada co orgullo de séculos de ignominia. Os poemas constrúense co diálogo entre voces, a do pai, a do fillo e unha terceira voz á que o autor non quere renunciar e que vén do pasado: os devanceiros, o rural, a lingua propia. > *Elos > > Ela vén ao paso de boi da Baixa Idade Media. Vén coas mans cheas de terra, regos e esperanza. > > Ti apareciches case sen querer, entre aparellos tecnolóxicos. Vés rachando con todo, a berros e sorrisos, coma a revolución. > > Entre ela e ti hai oitenta e sete anos. > > Aínda non sabedes que este é o amor que vén do fondo dos séculos. ______________________ Textos de Marcos Taracido con licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual CC BY-NC-SA Se tras ler este texto tes algo que comentar podes facelo en Mastodon: @marcostaracido@mastodon.gal Podes seguir este blog mediante [RSS] (https://escritura.social/marcostaracido/feed/). Máis información sobre min e outros textos: https://lacentralita.net/@marcostaracido
escritura.social
April 1, 2026 at 2:48 PM
De Xurxo Souto a Nell Leyshon. Dez libros para marzo do 2026
biosbardia.org
March 2, 2026 at 3:39 PM
Mulleres presas. Ao redor de dous ensaios que dialogan entre si
biosbardia.org
February 24, 2026 at 4:54 PM
Andel de fantasía, febreiro do 2026
biosbardia.org
February 5, 2026 at 5:25 PM
‘O Rei Sabio’, divulgación histórica que presta
biosbardia.org
November 27, 2025 at 4:53 PM
Espero que algún día sexa recompensada como merece Rinoceronte Editora por todo o que está facendo pola cultura e a lingua galega: "Catro novos lanzamentos reafirman a aposta de Rinoceronte Editora pola BD": https://culturagalega.gal/noticia.php?id=37767
#bandadesenhada #comic #librosengalego
June 26, 2025 at 1:05 PM
"Dezasete libros en galego no catálogo OEPLI 2024": https://culturagalega.gal/noticia.php?id=37677
#librosengalego
June 4, 2025 at 6:28 PM