#OfCourseCeltic
#OfCourseCeltic 💍 ⚰️
December 28, 2025 at 7:59 AM
Débome ao meu público. ⚰️

#FinaDeGuitiriz #OfCourseCeltic
February 22, 2026 at 6:01 PM
Magnífico en forma e fondo. 🚂 ⚰️

#OfCourseCeltic
#FodidosPoloTren
June 19, 2025 at 2:07 PM
Para sorpresa de ninguén, Oliver Laxe comparou ver a súa peli con ir a un enterro. 🪦

#OfcourseCeltic 😍
June 2, 2025 at 3:42 PM
If you liked Don Clodo, then you’ll love Don Saturnino. Notice him playing the tambourine next to his future grave.

#OfCourseCeltic
October 25, 2025 at 5:20 PM
O patrocinador é un clásico desta conta.

#OfCourseCeltic 🍷🛒⚰️
May 5, 2026 at 2:38 PM
Aquí hai que vir en plan tanatorio.

#OfCourseCeltic
July 7, 2025 at 1:00 PM
Imaxino que #ofcourseceltic.
A veces está feo levar o coche do choio pra casa
July 19, 2026 at 10:08 PM
un video para a túa colección
Brazil and Portugal #ofcourseceltic
May 16, 2026 at 7:02 PM
Vaia fotaza. 😍

#OfCourseCeltic
February 6, 2025 at 6:26 PM
Continuando coa temática gótica, esta noticia de 2012 é historia de Galiza.

#OfCourseCeltic
February 22, 2025 at 12:41 PM
Isto é como cando a maioría dos disco-pubs de Santa Comba tiñan licenza de tablao flamenco.

#OfCourseCeltic
April 11, 2026 at 4:08 PM
Isto tamén é #ofCourseCeltic. Non é, @cascarelo.bsky.social ?
Nun lugar da serra que non queremos revelar vai para un ano que apareceu un espontáneo peto de ánimas baixo un pvc do Bloque sen retirar. En vendo que resiste hoxe quixemos contribuír para o manter achegando unha candea dos Milagres do Medo ⬇️
July 25, 2025 at 5:35 AM
Un xubilado no bar explicando o que ten que facer hoxe:

“Hai que pasar os días pouco a pouco, pouco a pouco, e vai chegar un día que O Outro diga ‘pumba!’ e hai que entregar a cartilla.“

#OfCourseCeltic
June 30, 2025 at 7:56 AM
O cartaz da Queimada de Cervo deste ano fíxoo Dani, o fillo de Vizoso. Na base hai dous Vizosos, un vivo e un morto, que beben queimada. O vivo leva o lapis na mao e o morto pícalle con el os collós ao demo. 😍

#Vizoso #OfCourseCeltic
August 3, 2025 at 10:41 AM
Miña nai está nun par de grupo de Whatsapp de funerarias que publican esquelas (Galicia, século XXI).
Os usuarios non poden escribir, pero poden poñer unha reacción en forma de emoticono. 😢, 🙏, cousas así.
Na esquela dun home unha señora puxo 🎉.
July 14, 2026 at 6:45 AM
Falamos moitas veces das manifestacións con enterro simulado. Na protesta do movemento veciñal contra a nova A-52 que pode partir en dous Bembrive, o enterro simulado foi a propia manifestación! ❤️⚰️

#OfcourseCeltic #NonA52 #SalvemosBembrive
February 3, 2025 at 9:53 AM
Caso práctico de aplicación do ditado popular “o morto á mortalla e o vivo á fogaza”.

#OfCourseCeltic
April 22, 2026 at 11:44 AM
Haberá quen diga que os irlandeses non son os nosos primos, pero:

✔️ Un cura
✔️ Fai un aeroporto cando xa hai outros tres
✔️ Sen ter o permiso nin os cartos
✔️ E obtén tanto recoñecemento popular que lle fan unha canción.

#ofcourseCeltic
December 21, 2024 at 9:58 AM
Seguro que o @cascarelo.bsky.social ha ter unha análise deste tema #ofcourseceltic
June 13, 2026 at 11:14 AM
Ontes tábamos vendo o desfile do entroido, con eses disfarces tan traballados e espectaculares, e unha señora do público solta con admiración:

—As que fan estes traxes podían facer calquera outra cousa de proveito.

#OfCourseCeltic
February 15, 2026 at 9:43 AM
Un dato que se puxo de moda incluír nas esquelas da Mariña é o de "finou no hospital de Burela". Non sei se é puramente informativo ou ten unha nota pasivo-agresiva sobre o estado da atención sanitaria na comarca. 🏥

#OfCourseCeltic
July 3, 2025 at 6:24 AM
Sempre presta ver esta bandeira intercéltica.
#ofcourseceltic
August 11, 2026 at 7:53 AM
Vén aí un novo ano e non conseguín un almanaque que cause tanta sensación como o de “Carpintería-Muebles Curroliño” e “Funeraria-Velatorio Virgen del Faro” para 2019.

#OfCourseCeltic ⚰️
December 25, 2025 at 9:53 PM
dámoslle a inditex o #ofcourseCeltic seal of approval?
May 13, 2025 at 12:04 PM