#OsOllosVerdes
💚✊ Mañá luns ás 19:20 dentro do ciclo #OsOllosVerdes proxectamos ROCÍO, o documental de Fernando Ruiz Vergara. A súa crítica explícita fixo dela a primeira película española secuestrada xudicialmente en democracia e que a día de hoxe segue vixente a censura de parte da metraxe.
September 21, 2025 at 5:21 PM
💚 No ciclo #OsOllosVerdes recuperamos CHICHO O MIENTRAS EL CUERPO AGUANTE (UNA COMEDIA DRAMÁTICA), segunda longametraxe de Fernando Trueba na que retrata a vida e as reflexións dunha figura irrepetible e fundamental para a canción antifranquista como foi Chicho Sánchez Ferlosio.
September 24, 2026 at 6:23 PM
💚 Este luns volve o ciclo #OsOllosVerdes con MEMORIAS DE UN CUERPO QUE ARDE de Antonella Sudasassi Furniss.
June 13, 2025 at 8:33 PM
😍 Carteleira renovada do 5 ao 12 de novembro en NUMAX, coa grande estrea de EMILIA PÉREZ (Jacques Audiard), propostas #osollosverdes como NO OTHER LAND e A FLOR DO BURITÍ, Retrospectiva Lionel Rogosin, sesións presentadas e moito máis!

ℹ️ INFO completa e entradas en numax.org
December 4, 2024 at 7:14 AM
Luns de #OsOllosVerdes con LOS RESTOS DEL PASAR 🤲💚

O pase será ás 19:25 e logo teremos coloquio en liña cos directores Luis (Soto) Muñoz e Alfredo Picazo 🎤

@muboxstudio.bsky.social
March 17, 2025 at 9:46 AM
🌹 Este sábado 12 ás 21:30 temos un pase de ¡CAIGAN LAS ROSAS BLANCAS! de Albertina Carri dentro de #OsOllosVerdes. Ao remate da sesión, haberá un coloquio en liña coa directora.
April 10, 2025 at 5:48 PM
🍃⚡️ Mañá 7 de abril é luns de #OsOllosVerdes con ZINZINDURRUNKARRATZ. A sesión será ás 19:40 e haberá coloquio en liña co director, Oskar Alegría.

Un camiño esquecido, unha cámara vella e un burro chamado Paolo conforman este percorrido poético por unha memoria doutro tempo do que só quedan anacos.
April 6, 2025 at 7:01 PM
☀️🏘️ MITOLOGÍA DE BARRIO chega hoxe luns ás 19:45 a NUMAX dentro do ciclo #OsOllosVerdes. A sesión contará con presentación e coloquio cos autores.
April 21, 2025 at 9:12 AM