#arqueoloxía
Unha intervención arqueolóxica impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial estudará un edificio escavado en xullo deste ano no Castro de Esmelle.
Unha nova campaña arqueolóxica da UDC indagará na historia dun edificio achado no Castro de Esmelle
A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial e participan nove persoas expertas en patrimonio galego.
www.gciencia.com
September 29, 2026 at 3:12 PM
O Dolmen de Cabaleiros, declarado patrimonio Histórico Artístico en 1975, poderá visitarse baixo a guía do arqueólogo Ángel Concheiro e profundará na historia do monumento.
Os misterios do Dolmen de Cabaleiros: así é un monumento que une arqueoloxía e tradición oral
A construción, declarada patrimonio Histórico Artístico en 1975, poderá visitarse baixo a guía do arqueólogo Ángel Concheiro o venres e o sábado vindeiros
www.gciencia.com
September 29, 2026 at 12:19 PM
#CIFaoDía (2/2) A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial, promovida pola UDC xunto co Concello de Ferrol, e conta co apoio económico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude @udc.gal
September 29, 2026 at 8:31 AM
Inditex saca os puchos "Saponif", un emprendedor monta unha tenda de xabóns artesanais coa forma dos miolos e sua historia chapgpteada (50€ a peza e reportaxe en LVG) e tamén lle damos o nome a un café de especialidade (cascarilla saponificada?)
Deixade a arqueoloxía para as constructoras.
September 21, 2026 at 12:08 PM
Este xoves falarannos da arquitectura da mikve sefardí da Coruña: unha aproximación desde a arqueoloxía virtual, Luís Antonio Hernández Ibáñez, investigador do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil), e Marco Antonio Rivas Nodar, arqueólogo municipal da Coruña.
September 16, 2026 at 12:49 PM
Por outra parte a arqueoloxía foi tradicionalmente un pasatempo de ricos e xubilados máis que un oficio, como lle gusta a meu pai recordar con frecuencia.
September 4, 2026 at 12:27 PM
🔗A nova completa:
As escavacións de Penas do Caldeiro buscarán novos gravados e actividade humana asociada a eles | Universidade de Santiago de Compostela
Unha nova campaña de escavacións dirixidas pola profesora de Arqueoloxía da USC e investigadora do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), Pilar Prieto, comezará en Adai este luns, 31 de agosto, grazas á autorización da Asociación da Comunidade de Montes M.V.M.C. Vecinos de Adai. Primeiro foi escavado o Corro dos Mouros, entre 2023 e 2025, xacemento único e de enorme importancia para a comprensión da ritualidade funeraria do Bronce Final ata avanzada a Idade do Ferro en Galicia. De feito, aínda se continúa investigando en laboratorio a abundante información recompilada durante estes anos: algo máis de 5000 pezas, unas 330 mostras, a partir das que se realizaron 14 datacións. Neste cuarto ano, a Universidade ampliará as investigacións a outros xacementos da mesma zona, chamada Penas do Caldeiro, na parroquia lucense de Santa María Madalena de Adai, aos que xa fixera mención o veciño Xosé Darriba. A actividade desenvolverase ata outubro grazas ao financiamento dos proxectos ‘RODAS -Yacimientos funerario-rituales singulares del Final de la Edad del Bronce a la Edad de Hierro en el Noroeste Ibérico. Plan Nacional de PROYECTOS DE GENERACIÓN DE CONOCIMIENTO 2024 da Axencia Estatal de Investigación (Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades do Goberno de España)’ e o proxecto de Consolidación e estruturación 2025 GRC GI-1553 EcoPast da Xunta de Galicia. “Traballamos coa hipótese de que Penas do Caldeiro é unha paisaxe sagrada desde o Neolítico Medio (o IV milenio antes de Cristo) coa construción de polo menos sete mámoas ata a Segunda Idade do Ferro (sobre o III século antes de Cristo) coa construción xa no Bronce Final da roda do Corros dos Mouros e probablemente a realización dos gravados das rochas próximas”, explica a profesora Prieto. O lugar foi posteriormente frecuentado polos romanos e, ata a actualidade, foi cambiando o uso e o significado desta paisaxe. O obxectivo deste ano é facer a limpeza e o rexistro completo de tres petróglifos, alén de escavar na súa contorna. Un dos petróglifos seleccionados é o coñecido como ‘altar de Adai’, lugar moi apreciado e visitado. Este petróglifo amosa un fondo de cabana gravado na rocha duns 40 metros cadrados, onde se poden apreciar as división internas desa cabana, que foi xa en 2015 publicada na revista Gallaecia e onde se propón unha posible reconstrución en 3D. “Trataremos de caracterizar estes xacementos, ver se hai novos gravados e actividade humana asociada a eles”, sinala Pilar Prieto. Durante as escavacións realizaranse mostraxes para datalos e coñecer a súa cronoloxía. Realizarase tamén prospección xeofísica na zona para tratar de identificar restos de estruturas arqueolóxicas no subsolo e poder así seleccionar unha zona apropiada para escavar no próximo ano e seguir ampliando a investigación nesta paisaxe prerromana.
www.usc.gal
August 31, 2026 at 8:03 AM
🗞️ @usc.gal  |  As escavacións de Penas do Caldeiro buscarán novos gravados e actividade humana asociada a eles

Hoxe comeza unha nova campaña arqueolóxica en Penas do Caldeiro (Adai, Lugo), dirixida por Pilar Prieto, profesora de Arqueoloxía (@ecopast.bsky.social- @cispac.bsky.social).
August 31, 2026 at 8:03 AM
Marco, eu convídoo a viaxar polo Estado español, onde case cada provincia ten un bo museo provincial, uns adicados á arte que procede especificamente desa provincia, outros á arqueoloxía prehistórica, antiga e medieval.
Non todo é os catro museos coloniais das grandes capitais imperiais!
August 27, 2026 at 11:11 PM
Finaliza o verán e, con el, a primeira entrega daquelas cartas enviadas a través da difunta Tinyletter.

Arqueoloxía dixital.

O arquivo -> vdorexo.substack.com/s/arquivo-ti...
August 26, 2026 at 8:44 AM
📅 18 de agosto | Día Internacional da Arqueoloxía

🏺 A arqueoloxía é a ciencia que contribúe ao coñecemento e á interpretación do pasado a través das pegadas materiais das sociedades que nos precederon.
August 18, 2026 at 11:30 AM
🧵 A investigación combina arqueoloxía e memoria social para afondar no papel das mulleres, os coidados e as prácticas cotiás na construción das paisaxes rurais galegas, poñendo en diálogo as evidencias materiais do pasado coas memorias e experiencias das persoas vinculadas ao territorio.
August 18, 2026 at 9:02 AM
18 de agosto de 2026. Día Internacional da Arqueoloxía. Esta ciencia da rama das humanidades permite entender o noso pasado e presente. A data lembra o asasinato do arqueólogo sirio Khaled al Asaad.

#CalendarioCientifico
August 18, 2026 at 7:00 AM
Quén saberá...
A arqueoloxía de vilas abandoadas tamén ten o seu aquel, recuperando obxectos da vida diaria. Que pensarán de nós, se algo queda ou alguén para descubrir...
www.incipit.csic.es/es/produccio...
La memoria de las cosas descartadas.
El abandono de un pueblo es un proceso más o menos preparado, más o menos previsto y organizado. Cerrar una casa implica un cúmulo de actividades: las últimas tareas de mantenimiento y cuidado del esp...
www.incipit.csic.es
August 9, 2026 at 5:55 PM
En @vozferrol: Pepe Riola, investigador local e contador: «Hai unhas ruínas que poden ser do mosteiro que houbo en San Andrés»
Pepe Riola, investigador local e contador: «Hai unhas ruínas que poden ser do mosteiro que houbo en San Andrés»
A este veciño de Cariño, devoto da historia local e da arqueoloxía, gustaríalle coñecer a orixe do Carallo de Balteiro, unha posible escultura fálica no Camiño de Teixido
www.lavozdegalicia.es
August 9, 2026 at 8:14 AM
🔎 A visita estivo guiada polo director da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da @udc.gal e investigador do CISPAC, Juan Luis Montero Fenollós
A cuarta campaña arqueolóxica do Castro de Esemelle, liderada dende a @udc.gal, revela unha peza dun colar con posible orixe na illa grega de Rodas e unha vaixela decorada con motivos sogueados, propio da cultura castrexa.
Achada no Castro de Esemelle unha peza dun colar con posible orixe na illa grega de Rodas
A escavación tamén sacou á luz fragmentos dunha vaixela con decoración sogueada, moi característica da cultura castrexa
www.gciencia.com
July 30, 2026 at 6:57 AM
#CIFaoDía Un ano máis, a campaña arqueolóxica está impulsada pola Universidade da Coruña xunto co Concello de Ferrol, a través da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial. A maiores, a intervención conta, por segundo ano consecutivo, co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural @udc.gal
July 29, 2026 at 4:44 PM
🔗 A nova completa:
Comeza o proxecto MARXE para estudar como viviron as comunidades prehistóricas na costa galega | Universidade de Santiago de Compostela
Estudar como viviron as comunidades prehistóricas na costa galega e como os cambios ambientais transformaron a paisaxe durante os últimos 8.000 anos é o obxectivo do proxecto de investigación ‘Arqueoloxía e xeomorfoloxía do litoral na prehistoria recente da ría de Arousa (MARXE)’, coordinado polo Instituto de Arqueoloxía de Mérida (IAM), centro mixto do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Xunta de Estremadura, no que participan a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Estremadura (UEx) como centros corresponsables. Integrado por un equipo interdisciplinar que leva traballando na zona desde hai máis de 15 anos, o proxecto está formado por dous subproxectos dedicados ao estudo arqueolóxico e xeomorfolóxico do litoral galego («Arqueoloxía nas marxes: a ocupación de áreas insulares e litorais na prehistoria recente da ría de Arousa» e «Xeomorfoloxía nas marxes: formas e depósitos holocenos na ría de Arousa»), e está financiado polo Plan Estatal (Programa Estatal de Proxectos de Xeración de Coñecemento do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades - 2024). “Pretendemos comprender como as sociedades do Neolítico e da Idade do Bronce ocuparon as zonas costeiras e insulares da ría de Arousa, e como estas comunidades modificaron o medio e se adaptaron aos cambios ambientais e xeográficos ocorridos ao longo do Holoceno, os últimos 11.700 anos da historia da Terra”, explica Elías López-Romero (IAM-CSIC), coordinador e corresponsable do subproxecto 1. Co obxectivo de caracterizar as modalidades e a natureza das ocupacións humanas das illas e marxes da ría de Arousa entre o Neolítico e a Idade do Bronce (VI-II milenio cal. a.C.) en relación coa dinámica dos cambios paleoambientais e paleoxeográficos, o proxecto comprende as seguintes actividades fundamentais, que se están a iniciar agora e se desenvolverán ata 2029: elaboración dun corpus actualizado dos xacementos arqueolóxicos e arquivos edafo-sedimentarios da área de estudo mediante traballo de campo e o uso de métodos xeofísicos de prospección; caracterización cronolóxica e material mediante métodos de datación e análises físico-químicas; estudo da vulnerabilidade fronte á presión humana e aos efectos do cambio climático (por exemplo, ameazas, rexistro dixital, emprego da xeomática e da modelización dixital); e transferencia á sociedade a través da didáctica das ciencias sociais (traballo co profesorado e o alumnado de educación primaria e secundaria). “Aínda que Galicia posúe o litoral máis extenso de España, as investigacións sobre a prehistoria das súas illas, illotes e espazos intermareais seguen sendo escasas. Porén, estas contornas conservan algúns dos rexistros arqueolóxicos e paleoambientais máis valiosos do noroeste da Península Ibérica”, explica María Eugenia Polo (UEx), corresponsable do subproxecto 1. O proxecto centrará as súas investigacións en cinco áreas prioritarias da ría de Arousa: a illa de Sálvora, o complexo intermareal Umia-O Grove, a Illa de Arousa e os illotes Guidoiro Areoso e Pedregoso, a illa de Cortegada e o concello de Boiro. “Estas zonas albergan evidencias de ocupación, monumentos megalíticos, cistas funerarias, cuncheiros prehistóricos, paleosolos e depósitos edafo-sedimentarios que permiten reconstruír a evolución da paisaxe litoral en relación coa ocupación humana”, apunta a investigadora da USC Manuela Costa Casais, responsable do subproxecto 2. Un dos aspectos máis innovadores de MARXE é a integración da arqueoloxía coas ciencias da Terra para estudar simultaneamente os vestixios humanos e os procesos xeomorfolóxicos que modelaron o litoral galego. Así, o equipo de investigación empregará tecnoloxías avanzadas como escáneres láser 3D, fotogrametría dixital, imaxes obtidas con drons, sensores LiDAR, prospección xeofísica e sistemas de monitorización da erosión costeira. Ademais, realizaranse datacións mediante radiocarbono (C14) e luminiscencia ópticamente estimulada (OSL), técnicas que permitirán establecer cronoloxías máis precisas sobre a ocupación humana e a formación dos depósitos edafo-sedimentarios. A investigación adquire unha especial relevancia no contexto actual de cambio climático, xa que moitos dos xacementos arqueolóxicos litorais se atopan ameazados pola erosión, a subida do nivel do mar e o incremento dos fenómenos climáticos extremos. Neste sentido, o equipo foi pioneiro no estudo destes aspectos en Galicia e na ría de Arousa desde a década de 2010. Entre os traballos previstos destaca o estudo de posibles monumentos megalíticos recentemente identificados na illa de Sálvora e no illote de Tourís Novo, así como a investigación dos excepcionais contextos arqueolóxicos do Neolítico e da Idade do Bronce de Guidoiro Areoso. Ademais dos traballos de investigación, MARXE incorpora unha importante dimensión educativa e social. O proxecto implementa unha aproximación a través da Didáctica das Ciencias Sociais, desenvolvendo actividades formativas e unha investigación educativa centradas na formación de docentes e alumnado de educación primaria e secundaria, utilizando o patrimonio arqueolóxico e os efectos do cambio climático como ferramentas para fomentar a educación científica, ambiental, social e patrimonial. «Aspiramos non só a xerar novo coñecemento sobre o pasado de Galicia, senón tamén a contribuír á protección do patrimonio cultural e natural fronte aos desafíos do futuro», sinalan desde o equipo de investigación.
www.usc.gal
July 17, 2026 at 9:02 AM
O proxecto combina arqueoloxía e xeomorfoloxía para analizar como as comunidades do Neolítico e da Idade do Bronce habitaron as zonas costeiras e se adaptaron aos cambios ambientais dos últimos milenios.
July 17, 2026 at 9:02 AM
Unha lectura para pensar como o lecer tamén modela a nosa visión da historia.

🔗 O artigo completo aquí:
https://rua.ua.es/entities/publication/5516a31b-97ea-4652-8f91-0f3b8c2e9422

#Aevum #IdadeMedia #Arqueoloxía #Videoxogos #Medievalismos #HistoriaMedieval
RUA
rua.ua.es
July 16, 2026 at 9:02 AM
Neste artigo, cooescrito por Mario Ramos Soriano reflexiónase sobre como os videoxogos contribúen a construír a nosa imaxe do pasado medieval e propón unha revisión crítica das súas representacións desde a arqueoloxía e os estudos históricos.
July 16, 2026 at 9:02 AM
📄 Publicación | Arqueoloxía, videoxogos e usos do pasado. Cara a unha revisión crítica da(s) representación(s) da Idade Media

🎮 Que Idade Media nos contan os videoxogos❓
July 16, 2026 at 9:02 AM