#arqueoloxiaviva
Domingo de petróglifos no Museo de San Antón cos nenos e nenas do taller "Rock Art". Ademais, coñecemos o Museo Arqueolóxico e o xacemento de Elviña nunhas interesantes visitas guiadas.
#JEArqueo #Museoarqueoloxicocastillodesananton #CastrodeElviña #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva
June 15, 2025 at 12:23 PM
Hoxe coñecemos os xogos máis comúns da antiga Roma, e probamos a nosa destreza e sorte para tratar de superar algúns deles. Por último creamos un tres en raia! 🏰☀️
#MuseosHistoricosCoruna #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva #museoaberto
August 9, 2025 at 12:39 PM
No obradoiro infantil de hoxe, descubrimos a técnica milenaria do REPUXADO, que puxemos en práctica con diferentes materiais, ferramentas e moita imaxinación. 🌞🏰 #MuseosHistoricosCoruna #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva #museoaberto
July 12, 2025 at 12:20 PM
Desde o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón e o Castro de Elviña, queremos desexarvos un FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA ARQUEOLOXÍA!
#MuseosHistoricosCoruna #Museoarqueoloxicocastelodesananton #castrodeelviña #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva
August 18, 2025 at 7:32 PM
Atención! Nova escavación arqueolóxica no Castro de Elviña! 😉
Un grupo de peques coñeceu hoxe o xacemento e descubriron os restos do noso pasado. #MuseosHistoricosCoruna #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva #museoaberto
August 16, 2025 at 12:39 PM
Estamos festexar a ARQUEOLOXÍA en toda Europa! Esta mañá nós fíxemolo cun obradoiro de cerámica na Prehistoria e vistas guiadas ao Museo Arqueolóxico e ao castro de Elviña. Pola tarde máis!
#JEArcheo #Museoarqueoloxicocastillodesananton #CastrodeElviña #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva
June 14, 2025 at 12:24 PM
Este mércores 4 ás 10 h., abrimos a incrición para as actividades dos Días Europeos da Arqueoloxía, que celebraremos o 14 e 15 de xullo no Museo Arqueolóxico do Castelo de S. Antón e no Castro de Elviña. Consultar a programación no seguinte enlace 👇🏼
www.coruna.gal/cultura/gl/a... #arqueoloxiaviva
June 2, 2025 at 8:44 AM
Esta Semana Santa faremos visitas guiadas ao Museo Arqueolóxico de S. Antón, o sábado 19 ás 12h, e ao Castro de Elviña o domingo 20 ás 12h. Reservas praza no ☎️ 981189850.
#MuseosHistoricosCoruna #Museoarqueoloxicocastillodesananton #CastrodeElviña #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva
April 14, 2025 at 7:04 AM
Rematamos as Xornadas Europeas de Arqueoloxía cunha búsqueda do tesouro no Castro de Elviña. Que ben o pasamos esta finde! Moitas grazas a todos por compartir connosco esta festa da Arqueoloxía!!😍
#JEArqueo #Museoarqueoloxicocastillodesananton #CastrodeElviña #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva
June 15, 2025 at 5:24 PM
Esta finde estamos de festa no castro de Elviña con "Sons e saberes no monte dos Crutos". Comenzamos cun obradoiro de construción de valas tradicionais.🛖🪨⚒️
#MuseosHistoricosCoruna #Museoarqueoloxicocastelodesananton #castrodeelviña #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva
September 19, 2025 at 5:33 PM
Tarde de Arqueoloxía no Castro de Elviña: obradoiro de escavación para os máis peques e "Arqueoloxía de campo" para os maiores. Ademais vistas guiadas no Museo de San Antón. Mañá máis! #JEArqueo #Museoarqueoloxicocastillodesananton #CastrodeElviña #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva
June 14, 2025 at 7:22 PM
Este mes de maio teremos no Museo de San Antón a dous estudantes en prácticas do Master de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da Universidade de Santiago de Compostela.
Benvidos Helena e Gabriel!!
#Museoarqueoloxicocastillodesananton #CulturaCoruña #USC #arqueoloxiaviva #museoabert
May 12, 2025 at 12:08 PM
Hoxe, no Museo Arqueolóxico de S. Antón, sairon da vitrina, para unha investigación, as láminas de sílex do Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños) e a necrópolis megalítica de Parxubeira (Mazaricos)
🔬✏️💻
#Museoarqueoloxicocastillodesananton #CulturaCoruña #museoaberto #arqueoloxiaviva
April 11, 2025 at 9:56 AM
No taller deste sábado de verán descubrimos as pezas e os lugares máis curiosos que alberga o Museo do Castelo de San Antón. A través de quebracabezas e xogos grupáis conseguiremos atopar os tesouros do pasado e coñecer a nosa historia.🏰☀️😍
#CulturaCoruña #arqueoloxiaviva #museoaberto
July 26, 2025 at 12:36 PM
Hoxe converterémonos en escribas medievais usando os útiles do pasado, para descubrir os segredos da escritura e a súa evolución ao largo da historia, desde as primeiras representacións artísticas do Paleolítico, ata a formación dos scriptoriums na Idade Media.✍️📜#CulturaCoruña #arqueoloxiaviva
August 2, 2025 at 2:43 PM
Hoxe as puntas de lanza procedentes da Lagoa de Alcaian (Coristanco, -ss. X-IX a. C.-, sairon aos laboratorios do CICA-Centro Parga Pondal da UDC, para uns análisis que axuden a determinar o contexto cronolóxico e paleoecolóxico do rexistro sedimentario da Lagoa.
#CulturaCoruña #arqueoloxiaviva
May 19, 2025 at 9:59 AM
📣 Visita guiada ao Castro de Elviña! ¿Aínda non coñeces este impresionante xacemento arqueolóxico?
📅 Domingo 28 de setembro ás 12 h
📍Todos os domingos ás 12 h
👥 Aforo: 25 prazas
📞 Reserva: 981 189 850
Descubre a historia da Coruña. ¡Non o deixes pasar!
#CastrodeElviña #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva
October 31, 2025 at 1:03 PM
Esta fin de semana a ARQUEOLOXÍA está de festa!! O 14 e o 15, festexamos os DÍAS EUROPEOS DA ARQUEOLOXÍA no Museo do Castelo de San Antón e no Castro de Elviña. Xornada de portas abertas no Museo, visitas guiadas e obradoiros no Castro e no Museo.
#JEArcheo #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva
June 11, 2025 at 7:21 AM