Disque chega por fin o outono e primeiro foi a avelaiona, logo un corvo e agora é un merlo o que deixa o reclamo ao pasar pola fiestra, un pisco ao fondo: a primeira a rematar a xeira, os outros todos a iniciala, pouco e pouco, sen luz aínda, súmanse os veciños ao coro.
September 22, 2024 at 5:57 AM
Disque chega por fin o outono e primeiro foi a avelaiona, logo un corvo e agora é un merlo o que deixa o reclamo ao pasar pola fiestra, un pisco ao fondo: a primeira a rematar a xeira, os outros todos a iniciala, pouco e pouco, sen luz aínda, súmanse os veciños ao coro.
Por outra banda, e a modo de curiosidade, semella que nalgunhas variedades de xiang os bufos se chaman 哭鳥 (ku2 diau3), que vén sendo unha correspondencia exacta a "avelaiona" en galego, se ben con este termo nós designamos uns estríxidos específicos e non a orde enteira.
December 29, 2024 at 11:13 AM
Por outra banda, e a modo de curiosidade, semella que nalgunhas variedades de xiang os bufos se chaman 哭鳥 (ku2 diau3), que vén sendo unha correspondencia exacta a "avelaiona" en galego, se ben con este termo nós designamos uns estríxidos específicos e non a orde enteira.
Avelaiona, entre outros nomes (fíxate, «ave que se laia»; en castelán, cárabo). Sae en todas as películas centroeuropeas de bosques nocturnos para dar tensión á escena.😆 A min acóugame sentila.
February 15, 2025 at 9:20 AM
Avelaiona, entre outros nomes (fíxate, «ave que se laia»; en castelán, cárabo). Sae en todas as películas centroeuropeas de bosques nocturnos para dar tensión á escena.😆 A min acóugame sentila.
E non sería a avelaiona en vez do moucho? Dígoo só porque o moucho chía máis que canta. Hoxe a paxarada está desatada. Anda por aí o pimpín, que é a primeira vez que o sinto nesta tempada. E tamén o carrizo. O xirín leva días esgorxándose. Diría que o primeiro en dar a nota foi o tordo.
February 15, 2025 at 9:09 AM