#historiaagraria
Neste podcast de @efervesciencia.org abórdase o traballo de investigación sobre a febre de ouro das sambesugas #historiaeconomica #historiaagraria #divulgacioncientifica #lagoadeantela #leeches
🤖🔊 Efervesciencia acaba de publicar un novo falangullo : "Efer 699 (20-2-25): A febre do ouro das sambesugas". Podes escoitalo en
https://www.ivoox.com/efer-699-20-2-25-a-febre-do-ouro-das-audios-mp3_rf_145268072_1.html #PodGalego #ObradoiroDixital
April 20, 2025 at 3:43 PM
A investigación sobre Benigno Ledo e a modernización da apicultura en Galicia é destacada por @elprogresodelugo.bsky.social. Seguimos a pesquisar na historia da apicultura desde a @facultadadelugo.bsky.social do @campusterrausc.bsky.social #apicultura #beekeeping #historiaeconomica #historiaagraria
April 11, 2025 at 2:42 PM
Patrimonio Cultural acordou fai uns meses incoar o procedemento de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da Poza do Piñeiro (O Covelo). Na imaxe vese esta singular poza situada no Suido do século XIX feita para a rega de cultivos #historiaagraria #historiaeconomica
November 5, 2025 at 6:45 PM
Aínda se poden ver as colmeas tradicionais (cortizos, trobos ou covos) en áreas rurais. Esta clase de colmeas fixistas foi a predominante en Galicia ata a década de 1980 #historiaagraria #apicultura #beekeeping #mel #abellas #patrimonio theconversation.com/asi-se-han-m...
Así se han modernizado las colmenas empleadas en apicultura durante los últimos siglos
Las colmenas que observamos mayoritariamente hoy en día son muy diferentes de las que predominaban a finales del siglo XIX.
theconversation.com
August 19, 2025 at 2:37 PM
En xuño de 1936 publicábase un proxecto de lei sobre a riqueza apícola. No seu 1º punto declarábase a utilidade social da apicultura e prohibíase establecer impostos sobre as colmeas. O alzamento militar fixo que esta pioneira norma non tivese máis percorrido #apicultura #beekeeping #historiaagraria
December 20, 2025 at 4:25 PM
Publicada unha nova entrada no blog Debullando o rural. Nesta ocasión preséntase o recente artigo publicado en Cuadernos de Estudios Gallegos “Benigno Ledo, o Cura das abellas, e a modernización da apicultura en Galicia” #historiaagraria #historiaeconomica #apicultura mariam.gal/publicado-o-...
April 16, 2025 at 9:12 AM
No fomento da apicultura moderna as revistas apícolas comparaban os resultados económicos previstos dos modelos apícolas. Velaquí esta lámina publicada na revista La Colmena no 1927 en favor das colmeas de cadros móbiles #apicultura #historiaagraria #colmeas #beekeeping doi.org/10.26882/his...
June 15, 2025 at 5:53 PM
Contrato de investigación FPI para facer a tese de doutoramento en @HISTAGRA no marco do @CISPAC_gal 4 anos e estadias anuais de formación no estranxeiro @HistoriaAgraria

Convocado contrato FPI adscrito a HISTAGRA-CISPAC histagra.usc.es/es/novas/1088/…
https://histagra.usc.es/es/novas/1088/…
October 13, 2025 at 5:27 PM
Benigno Ledo participou no 1° Congreso de Economía Gallega, que tivo lugar en Lugo no 1925, cunha ponencia sobre apicultura mobilista. As súas achegas están destacadas nas conclusións do evento #historiaeconomica #historiaagraria #apicultura #abellas estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/es...
April 12, 2025 at 5:34 PM
Este é o lagar da cera de Sagallos (Manzanal de Arriba, Zamora). Certamente é un importante exemplo de patrimonio apícola cereiro #patrimonio #apicultura #beekeeping #cera #lagardecera #historiaagraria #historiaeconomica
April 19, 2025 at 10:26 AM
Moi contento polo recoñecemento no XVII Premio de Historia Agraria Ramón Garrabou ao artigo que teño publicado na revista Medical History xunto a @gomezmmaria.bsky.social da Uniovi #historiaagraria #historiaeconomica #lagoadeantela #sambesugas

www.usc.gal/gl/xornal/no...
Unha investigación do Campus Terra, galardoada no XVII Premio de Historia Agraria Ramón Garrabou | Universidade de Santiago de Compostela
O profesor do Departamento de Economía Aplicada na Facultade de Administración e Dirección de Empresas no Campus Terra da USC Damián Copena acaba de ser galardoado nos XVII Premio de Historia Agraria ...
www.usc.gal
July 21, 2025 at 9:28 AM
Onte participei nunha interesante xornada na Casa das Abellas. A palestra abordou a historia da modernización da apicultura en Galicia (o paso da apicultura fixista á mobilista). Na charla mostrei iniciativas de divulgación feitas entre finais do XIX e a 1ª metade do XX #historiaagraria #benignoledo
July 6, 2025 at 4:51 PM
Coa expansión da apicultura mobilista (que ten cadros móbiles), apareceron diferentes modelos de colmeas modernas. En Galicia hai exemplos de innovación nas colmeas como as feitas por Benigno Ledo. Na imaxe vese a colmea inventada por Sanjurjo Badía no 1909. #historiaagraria #colmeas #beekeeping
September 3, 2025 at 6:56 AM
Publicada unha nova entrada no blogue Debullando o Rural. Trata sobre o recoñecemento que ten recibido o artigo publicado na revista Medical History no XVII Premio de Historia Agraria Ramón Garrabou #sambesugas #premio #historiaeconomica #historiaagraria #lagoadeantela mariam.gal/xvii-premio-...
XVII Premio de Historia Agraria Ramón Garrabou – Debullando o rural
mariam.gal
July 27, 2025 at 9:08 AM
Velaquí unha crónica da xornada sobre a historia da apicultura en Galicia na que participei fai unhas semanas. Nesa actividade falei sobre a modernización da apicultura e o papel de Benigno Ledo #apicultura #beekeeping #historiaagraria #benignoledo #historiaeconomica maisquemel.gal/convivio-na-...
Convivio na Casa das Abellas: pasado e presente da apicultura galega
Neste mes de xullo tivo lugar o convivio anual de Máisquemel no Ecomuseo - Casa das Abellas de Abegondo, que tiña como tema o debate da apicultura de hai 100 anos comparándoa coa de hoxe en día.Da man...
maisquemel.gal
July 26, 2025 at 4:54 AM
Esta conferencia sobre a apicultura moderna feita por Benigno Ledo en 1919 tivo gran repercusión. Supuxo un fito relevante dentro do proceso que o levou a liderar iniciativas de divulgación #historiaagraria #historiaeconomica #apicultura + info aquí: estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/es...
October 12, 2025 at 4:38 PM
O lagar da cera de prensa de viga Paraños (o Covelo) é un dos que poucos se conservan no sur de Europa. Ademais ten a singularidade de que se chegou a por en funcionamento nos últimos anos #historiaagraria #historiaeconomica #apicultura #cera #lagardecera #museocereiro #beekeeping #patrimonio
April 17, 2025 at 7:12 PM
Este é o impresionante lagar da cera que se conserva en Robledo (Sanabria, Zamora). A industria apícola cereira foi unha actividade moi importante nalgunhas áreas rurais vinculada coa apicultura fixista: theconversation.com/asi-se-han-m... #apicultura #beekeeping #historiaeconomica #historiaagraria
April 15, 2025 at 9:09 AM
Excited to share that my forthcoming article "Promoting a multilateral ‘revolution’ in rural development: Manlio Rossi-Doria from Southern Italy to Latin America" is already available on the website of the review #HistoriaAgraria

www.historiaagraria.com/en/issues/ma...
www.historiaagraria.com
February 26, 2025 at 9:15 AM
A mediados do século XIX Terra de Montes era un lugar onde a industria cereira era moi importante. Na imaxe vese a entrada do diccionario de Madoz sobre Forcarei que fai referencia á cera de abella. Máis info neste artigo 👉 revistes.ub.edu/index.php/Hi... #historiaagraria #historiaeconomica #abellas
June 21, 2025 at 4:48 PM
Este fin de semana participarei nesta actividade na Casa das Abellas (Abegondo). Nela falarei sobre a dinámica histórica da modernización da apicultura en Galicia e o papel que tivo Benigno Ledo neste proceso #apicutura #historiaagraria #historiaeconomica #abellas

maisquemel.gal/convivio-no-...
Programa convivio no Ecomuseo Casa das Abellas, 5 de xullo 2025
O día 5 de xullo de 2025 faremos xunha xornada na Casa das Abellas de Abegondo, na que debatiremos sobre a apicultura de hai 100 anos comparándoa coa de hoxe en día, basándonos no libro do pai Ledo. ...
maisquemel.gal
July 1, 2025 at 7:25 AM
Acaba de publicarse un artigo na revista Historia y Política no que participo xunto a María Gómez Martín da Uniovi. Nel analízase o proceso de desenvolvemento das conferencias organizadas a partir da Lei de ensinanza agrícola de 1876. #historiaagraria #historiaeconomica www.usc.gal/gl/xornal/no...
Un estudo identifica máis de 10.000 conferencias organizadas a partir da Lei de Ensinanza Agrícola de 1876 | Universidade de Santiago de Compostela
A Lei de Ensinanza Agrícola aprobada no ano 1876  pretendía  que  cada domingo se ofrecera unha conferencia agrícola en cada un dos concellos do Estado para incrementar o nivel de coñecemento das pers...
www.usc.gal
September 10, 2025 at 4:13 PM
O artigo publicado en @es.theconversation.com “Así se han modernizado las colmenas empleadas en apicultura durante los últimos siglos” superou as 20.000 lecturas. Estamos moi ledas de que estea a ter esta difusión #apicultura #beekeeping #historiaagraria #abellas theconversation.com/asi-se-han-m...
August 29, 2025 at 7:36 AM
A Lei de Ensinanza Agrícola aprobada en 1876 pretendía que cada domingo se fixera unha conferencia agrícola en cada concello do Estado. Neste artigo publicado recentemente identificáronse máis de 10.000 conferencias organizadas a partir desta lei. #historiaagraria recyt.fecyt.es/index.php/Hy...
September 13, 2025 at 3:47 PM