#manuelmaría
O poeta Manuel Maria no rio Miño en Outeiro de Rei no 1994. Oito de setembro aniversario da sua morte.
#manuelmaria @casamuseomanuelmaria
September 8, 2026 at 10:26 AM
Carballos.

Manuel María (Terra Chá. 1954)

#ManuelMaría
December 5, 2024 at 6:04 PM
O Poema.

Manuel María (A luz resucitada. 1984)

#ManuelMaría
December 5, 2024 at 6:05 PM
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
#ManuelMaría

#QueremosGalego
#linguavital
#LetrasGalegas2026
#BegoñaCaamaño
May 17, 2026 at 8:59 AM
Versos do Outono. Manuel María

Mar maior (1963).

#ManuelMaría
October 18, 2025 at 12:27 PM
Cantiga pra recibir o aninovo

Manuel María. 1964

Escolla de Alonso Montero en "O nadal nas letras galegas (1940-1979)".

Madrygal. Revista De Estudios Gallegos, 10, 11 - 33.

#ManuelMaría
December 31, 2024 at 3:55 PM
Canción do intre de ollar á propia Terra.

Manuel María (Canciós do lusco ao fusco. 1970)

#ManuelMaría
January 10, 2025 at 6:31 PM
¿Que importa, irmau, que morra o día
si a súa morte
abre en nós a espranza do mencer?

Non temas.
Aínda o paxaro ten canciós
i as estrelas se alcenden cada noite.

"Verbas a un irmau"
Manuel María

#letrasgalegas #letrasgalegas2016 #manuelmaría
October 6, 2025 at 8:13 AM
Mañá, ás 20.30 h no Teatro Rosalía unha nova edición de #LúasdeOutono Con Casás&Barcia para honrar o #ManuelMaría e a súa obra
September 23, 2025 at 7:22 AM
Acuso á clase media
O poeta da chaira denunciaba o comportamento dunha boa parte da sociedade do seu tempo, en composicións tan directas como "Acuso á clase media", que se cita a continuación. Na páxina da Fundación Manuel María de Estudos Galegos podédela oír na súa propia voz. Acuso á clase media —grandes e pequenos burgueses— porque eles foron e son os que traizoan o espírito sinxelo, enxebre e antergo de Galicia. Pertenzo ao pobo e falo no seu nome. Falo en nome dos mariñeiros, dos labregos, dos ferreiros, dos criados de servir, dos zoqueiros, dos muiñeiros e arrieiros; dos humildes carpinteiros de ribeira, dos alugados que ian a Castela; dos caseiros que non teñen terra de seu; dos que se ven obrigados a emigrar; dos pobres de espírito e dos pobres de pedir; do coitado xornaleiro que de sol a sol ainda anda virando a terra co arado romano. Falo en nome de todos aqueles que, anque teñen razón, non llela dan. Acuso á clase media de egoísmo, de non ser solidaria co seu pobo, de brutalidade e de ignorancia, de lle bicar os pés aos poderosos, de traficar coa fame e coa miseria, de vivir na súa terra despreciándoa, intentando borrar o seu ser idioma, asasinando o seu ser diferenciado. Acuso á clase media de servil, de axionallarse diante dos que mandan, traicionando aos seus, á xente súa, ao pobo indefenso e aldraxado. Acuso á clase media de imitar as modas que impoñen en Madrid e de pechar cobardemente os ollos ás realidades que teñen diante si. Clase media, grandes e pequenos burgueses, comerciantes enriquecidos co estraperlo, viñateiros, aceiteiros, contratistas, abogados sen lei e sen conciencia, propietarios de casas e de contas correntes, burócratas que adulades ao amo e que esquecedes ao pobo do que vides; xentes que comerciades coa emigración, coa fame, coa inxustiza e coa miseria; ladróns que procurades títulos nobiliarios, asasinos que mercades indulxencias e autos derradeiro modelo que vos leven ao ceo, ¡no nome do pobo, eu vos acuso! _Remol_ (1970)
365diasparamanuelm.blogspot.com
August 24, 2026 at 11:27 AM
Brillan xa no Teatro Rosalía, e fano intensamente, as Lúas de Outono, a homenaxe que cada ano festexa na Coruña a figura e a obra de #ManuelMaría. Acompañamos esta 16 edición, desta vez dedicada á tradición oral da nosa música da man de Richi Casás e Fran Barcia. Un tesouro!
September 24, 2025 at 7:14 PM
Hoxe ás 20:30 no Teatro Rosalía Memorial Ibán Toxeiro. TOXOS E TABERNAS. Homenaxe a #ManuelMaría
Baixo a dirección de Manuela Varela e con Galeatro, Xarope Tulú e Alexandre Bóveda Teatro.
Con Sabela Hermida.
Gala do XXVIII Memorial Ibán Toxeiro
Ven ao 28 Memorial Ibán Toxeiro: homenaxe á faceta teatral de Manuel María con Galeatro e Alexandre Bóveda. Premio Lino Braxe á súa Fundación.
acalexandreboveda.gal
December 3, 2025 at 11:31 AM
Chegaron os fermosos agasallos en forma de libro da Casa Museo Manuel María, oficialmente comezamos este 2025 en que seguiremos difundindo a obra do grande escritor da Terra Chá e colaborando coa Casa Museo. Por suposto, obrigada a Alberte, María e Antón polo traballazo que fan!!! #ManuelMaría
January 11, 2025 at 1:26 PM