#somosTelecoVigo
Parabéns para a nosa alumna Daniela Sanz Toucedo, quen ven de ser recoñecida polo Concello de Tui como referente para as próximas xeracións 👏

Todo un orgullo tela como alumna en #TelecoVigo!

#somosTelecoVigo
March 14, 2025 at 2:42 PM
No último episodio do podcast SONUVigo da @uvigo.bsky.social participa a directora de #TelecoVigo, Rebeca Díaz.
A partir do minuto 36, explica o programa piloto para a integración da intelixencia artificial xerativa nas aulas ⮕ bit.ly/SonUVigo10

#somosTelecoVigo
September 23, 2025 at 3:12 PM
Descubre nesta nova de @atlantico.net algúns dos proxectos presentados polo noso alumnado nos #LPRODays26!

#somosTelecoVigo
May 11, 2026 at 9:41 AM
O vindeiro luns comezan as clases. Estamos desexando ter todos os recantos da Escola cheos de vida de novo!

Recorda que podes consultar os horarios da primeira semana (e do resto do curso) do grao en bit.ly/HorariosGETT

#somosTelecoVigo
September 4, 2025 at 9:36 AM
E en @atlantico.net, ademais, un resumo do acto de homenaxe de onte: atlantico.net/vigo/univers...

#somosTelecoVigo
September 30, 2025 at 7:57 AM
A nosa sala semianecoica apareceu o sábado en medios como @farodevigo.es ou @atlantico.net polo concerto de Carme López no festival Sinsal 👌

#somosTelecoVigo
July 27, 2026 at 10:51 AM
Es alumna ou alumno de 2º do grao #telecoVigo e aínda non sabes cal das 4 Mencións escoller o próximo curso?

Non perdas esta sesión informativa o vindeiro mércores, 18 de marzo!

#somosTelecoVigo
March 11, 2026 at 9:15 AM
BorgWarner, integrante da rede #conexionTeleco, leva anos colaborando coa Escola en diferentes ámbitos. Esta nova cátedra reforza a ligazón, impulsando unha formación de excelencia e un futuro profesional conectado coa innovación.

#somosTelecoVigo
February 23, 2026 at 10:27 AM
Esta mañá puidemos comprobar o gran traballo levado a cabo por 28 dos nosos estudantes do programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións #DocTIC durante a sesión anual de avaliación 👏

#somosTelecoVigo
June 13, 2025 at 2:17 PM
En #TelecoVigo, xunto con #EEIUvigo e #EMEUVigo, poremos en marcha o vindeiro curso unha innovadora experiencia piloto coa que buscamos integrar o uso da Intelixencia Artificial Xerativa na docencia dos graos.

Todos os detalles en bit.ly/PilotoIAX

#somosTelecoVigo
July 23, 2025 at 9:33 AM
O docente de #TelecoVigo Alberto Martín é, ademais de matemático, un excelente poeta. Presenta o seu último libro 'La verdadera dimensión del cielo' o mércores 22 de outubro ás 13:30h, no Salón de Graos da Escola 👏

#somosTelecoVigo
October 7, 2025 at 1:50 PM
Todo listo para o momento máis emocionante do curso!

En breve comezará o acto de graduación de 83 estudantes do grao (GETT e BTTE) e dos mestrados de telecomunicación e ciberseguridade. Parabéns polo voso traballo 👏

#somosTelecoVigo
June 13, 2025 at 1:00 PM
Participa o 6 de marzo na xornada teórico-práctica 'Novo espazo. Medidas avanzadas de alta frecuencia e caracterización de materiais', ofrecida pola empresa @rohdeandschwarz.bsky.social. Terá un recoñecemento de 4 horas.

Inscríbete ata o 4 de marzo en bit.ly/CharlaNewSpace

#somosTelecoVigo
February 10, 2025 at 12:35 PM
Un acto emotivo e feliz, no que moitísimos compañeiros, alumnos e exalumnos quixemos lembrar con Domingo Docampo a súa excelente traxectoria e a fonda pegada que deixou na Escola, e desexarlle agora que goce da súa merecida xubilación.

#somosTelecoVigo
September 29, 2025 at 5:03 PM
Visibilizar referentes é clave para espertar vocacións tecnolóxicas💜

Polo #DíaDasNenasNasTIC compartimos esta lista de YouTube con historias de mulleres #telecoVigo que inspiran e demostran que as TIC tamén son cousa delas: www.youtube.com/playlist?lis...

#beTelecoVigo
¿Quieres ser una mujer "Teleco"? #beTelecoVigo #somosTelecoVigo #GirlsInICT #inspiraSTEAM #11F - YouTube
www.youtube.com
April 23, 2026 at 9:14 AM
Se estás en 1º de #TelecoVigo, non perdas mañá esta charla que te axudará a xestionar o tempo e mellorar as túas técnicas de estudo de cara a este e os proximos cursos!

É unha actividade #integraTE, un programa de acollida e integración para o novo estudantado.

#somosTelecoVigo
September 9, 2025 at 9:07 AM
En que se pode traballar tras estudar en #TelecoVigo? As opcións son moi variadas!

Na nosa canle de YouTube atoparás as historias de algúns dos nosos exalumnos e exalumnas, que comparten os diversos sectores nos que están a traballar.

#beTelecoVigo
Testimonios de egresadas/os #beTelecoVigo #somosTelecoVigo - YouTube
youtube.com
June 12, 2025 at 9:34 AM
A semana pasada organizamos, xunto a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, esta xornada sobre o potencial da intelixencia artificial xerativa en galego no ámbito académico 👌

teleco.uvigo.es/novas/2026/0...

#somosTelecoVigo
Xornada a IA Xerativa tamén en galego | Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Dereitos lingüísticos e boas prácticas para a docencia tecnolóxica Esta xornada estivo dirixida principalmente ao profesorado universitario e ao persoal investigador das áreas técnicas, especialmente ...
teleco.uvigo.es
April 28, 2026 at 10:49 AM
Xa temos todo listo para o acto de graduación desta tarde 👏

#somosTelecoVigo
June 5, 2026 at 10:11 AM
Juan José López Escobar recibiu un premio extraordinario de doutoramento pola sua tese ‘Design of a new distributed mist, edge and fog architecture in beyond 5G environments for the Internet of things’, dirixida por Rebeca Díaz e Felipe Gil.

#somosTelecoVigo
January 29, 2026 at 9:40 AM
Todo listo no museo Verbum de Vigo para dar comezo a 2ª xornada dos #LPRODays25. Pola mañá o noso alumnado mostrará os seus proxectos a visitas escolares, e pola tarde, a público xeral. Achegádevos a coñecer as súas interesantes propostas!

#somosTelecoVigo
May 9, 2025 at 7:38 AM
No caso dos premios aos mellores expedientes de entrada ao grao, os gañadores foron Lucía Castrillo (do grao en inglés) e Roi Conde (do grao en galego e castelán).

É un orgullo para a Escola contar con todos eles!

#somosTelecoVigo
January 28, 2025 at 3:32 PM