#BibliotecadeEstudosLocais
Hoxe, a  editorial Galaxia celebra 75 anos de loita e compromiso coa lingua, a cultura e a identidade galega.

#bibliotecadeestudoslocais #EditorialGalaxia
July 25, 2025 at 10:02 AM
OS 200 ANOS DE MARCIAL DEL ADALID 🎼
Este ano celebramos o bicentenario do nacemento de Marcial del Adalid, pianista e compositor coruñés e unha das figuras máis relevantes da música galega do século XIX.

#MarcialDelAdalid #MúsicaGalega  #ACoruña #BibliotecadeEstudosLocais #BEstudosLocais
August 24, 2026 at 7:01 AM
Casado coa escritora Fanny Garrido, desenvolveu con ela unha intensa actividade cultural. O seu legado musical, doado pola súa filla á Real Academia Galega, está hoxe dispoñible para o estudo e a interpretación.

#MarcialDelAdalid #MúsicaGalega  #ACoruña #BibliotecadeEstudosLocais #BEstudosLocais
August 24, 2026 at 7:01 AM
📖Hoxe mércores, 14 de xaneiro, preséntase La antesala del beso, de Cristina Gufé, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais.

🕖De 19:00 a 20:30h
📍Biblioteca Municpal de Estudos Locais
    

#literatura #encontrosconescritoras #presentacións #bibliotecadeestudoslocais #bibliotecasmunicipaisdacoruña
January 14, 2026 at 11:03 AM
Sabes que significa o logotipo de Galaxia?
• A Vía Láctea, que sinala o Camiño de Santiago: símbolo da unión entre Galicia e Europa.
• O libro brotando da terra: símbolo de permanencia e renovación.

#bibliotecadeestudoslocais #EditorialGalaxia
July 25, 2025 at 10:02 AM
Aínda que naceu como sociedade anónima para evitar a censura, Galaxia sufriuna dende o inicio. En 1952, o franquista Juan Aparicio prohibiu a colección Grial, afirmando: "El escritor (...) tiene faltas de ortografía en su pluma y alma."

 #bibliotecadeestudoslocais #EditorialGalaxia #Galeguismo
July 25, 2025 at 10:02 AM
Hoxe a Editorial Galaxia cumpre 75 anos
Coñeces a súa historia?
Naceu en 1950, en plena ditadura franquista, como resposta dos galeguistas para manter viva a nosa cultura. 

#bibliotecadeestudoslocais #EditorialGalaxia  #Galeguismo
July 25, 2025 at 10:02 AM