#MarcialDelAdalid
OS 200 ANOS DE MARCIAL DEL ADALID 🎼
Este ano celebramos o bicentenario do nacemento de Marcial del Adalid, pianista e compositor coruñés e unha das figuras máis relevantes da música galega do século XIX.

#MarcialDelAdalid #MúsicaGalega  #ACoruña #BibliotecadeEstudosLocais #BEstudosLocais
August 24, 2026 at 7:01 AM
Casado coa escritora Fanny Garrido, desenvolveu con ela unha intensa actividade cultural. O seu legado musical, doado pola súa filla á Real Academia Galega, está hoxe dispoñible para o estudo e a interpretación.

#MarcialDelAdalid #MúsicaGalega  #ACoruña #BibliotecadeEstudosLocais #BEstudosLocais
August 24, 2026 at 7:01 AM
Para conmemorar o 200 aniversario do nacemento de Marcial del Adalid, a Biblioteca de Estudos Locais organiza unha mostra bibliográfica sobre o compositor galego

📍 Rúa Durán Loriga, 10, 1º
📅 24 de agosto – 4 de setembro de 2026

#MarcialDelAdalid #MúsicaGalega #ACoruña  #BEstudosLocais
August 24, 2026 at 7:01 AM
Pioneiro na procura dun son propio da galeguidade desde a música académica, incorporou a lingua, as tradicións e a identidade de Galicia á súa obra, anticipando o camiño de compositores como Pascual Veiga, Juan Montes ou José Baldomir.

#MarcialDelAdalid #MúsicaGalega  #ACoruña #BEstudosLocais
August 24, 2026 at 7:01 AM
🎼Sabías que no verán de 1826 nace Marcial del Adalid, recoñecido compositor e pianista e o 1º compositor galego importante de música profana culta.
🎶É autor da ópera Inés e Bianca a primeira ópera de toda a historia operística galega.
Margarita Viso falará da relevante figura de #MarcialDelAdalid
July 7, 2026 at 5:22 PM