#PortaldasPalabras
Pola #Candeloria, medio inverno vai fóra. Aínda que hoxe custe crelo, o refraneiro non engana! Festexamos o casamento dos paxariños e facémolo admirando especialmente o xílgaro, proposta do noso #PortalDasPalabras pola súa elección como Ave do Ano 2026.
portaldaspalabras.gal/lexico/allos...
Voces de aquí e acolá: xílgaro, pintasilgo e picacardos | Allos con bugallos | Portal das Palabras
Paxaro do ano 2026
portaldaspalabras.gal
February 2, 2026 at 11:30 AM
E a #PalabraDoAno2024 é... #cantareira! A voz que designa as protagonistas das #LetrasGalegas2025 foi a vosa favorita na elección do #PortalDasPalabras. Soa a poesía e música, a gana de compartir bos momentos, a voz feminina e colectiva, á nosa lingua!
academia.gal/-/-cantareir...
‘Cantareira’, Palabra do Ano 2024
academia.gal
December 27, 2024 at 8:03 AM
O noso #PortaldasPalabras réndelle homenaxe a Xesús Alonso Montero. O expresidente da RAG, home erudito, foi profesor, camarada, fistor...
Velaquí sete palabras para trazar un retrato. #setestrelo
portaldaspalabras.gal/lexico/setes...
Xesús Alonso Montero | Setestrelo | Portal das Palabras
Que é o que non foi o profesor...
portaldaspalabras.gal
March 23, 2026 at 1:51 PM
Cal é para vós a #PalabraDoAno2024? #aparvar(se), #cantareira, #dina, #emerxenciaclimática, #fala ou #meu #miña?
🗳️ Votade no noso #PortalDasPalabras pola vosa favorita e compartide! Tendes de prazo ata as 23:59 horas do 25 de decembro!
portaldaspalabras.gal/palabradoano/
Palabra do Ano 2024
Palabra do Ano 2024
portaldaspalabras.gal
December 18, 2024 at 8:03 AM
Xa temos #PalabraDoAno2025. A votación popular do noso
#PortaldasPalabras concluíu coa escolla de #xenocidio. O neoloxismo creado polo xurista polaco Raphaël Lemkin é un dos conceptos que cambiaron o mundo.
#Foliada obtivo o segundo posto e #lume o terceiro.
academia.gal/-/-xenocidio...
“Xenocidio”, Palabra do Ano 2025
A votación popular promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras conclúe con algo máis do 40 % dos votos para unha voz de triste actualidade, un termo creado...
academia.gal
December 26, 2025 at 10:02 AM
Domingo fareleiro, domingo oleiro, domingo corredoiro, domingo lardeiro, xoves de comadres e compadres... O noso #PortaldasPalabras ofrécenos un bo repaso de datas imprescindibles dunha das nosas festas preferidas. Moi bo #Entroido!
portaldaspalabras.gal/lexico/allos...
O Entroido, día a día | Allos con bugallos | Portal das Palabras
De domingo a martes... e máis alá!
portaldaspalabras.gal
February 25, 2025 at 7:38 AM
O vellarón, o oso de Salcedo, as madamas e os galáns, o merdeiro ou escabicheiro...
O noso #PortaldasPalabras preséntanos máis personaxes do #Entroido neste #alloscobugallos.
portaldaspalabras.gal/lexico/allos...
Outros protagonistas do Entroido | Allos con bugallos | Portal das Palabras
Isto é un non acabar!
portaldaspalabras.gal
February 28, 2025 at 8:02 AM
O noso #PortalDasPalabras celebra as #LetrasGalegas2025 das #cantareiras con contidos coma este dedicado a Dorothé Schubarth. A etnomusicóloga suíza recompilou milleiros de cantigas por todo o noso país entre finais dos 70 e comezos dos 80 do s. XX.
portaldaspalabras.gal/lexico/mira-...
musicóloga | Mira que din | Portal das Palabras
Dorothé Schubarth, unha galega de Suíza
portaldaspalabras.gal
April 15, 2025 at 10:49 AM
Decembrar, nivoso, escarabana, invernada, avesedo, sieiro, pavuxar...
Xogamos coas palabras e o tempo do inverno neste #verdadeirooufalso do noso #PortalDasPalabras. Non vale mirar antes no #Dicionario!
portaldaspalabras.gal/xogo/tempo-d...
Tempo de inverno | Xogo | Portal das Palabras
Baixas temperaturas, chuvia, neve... e tamén palabras de temporada!
portaldaspalabras.gal
January 28, 2026 at 8:20 AM
“Desfeita”, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” e “xenocidio” son as seis voces que optan a se converter na #PalabraDoAno2025. Votade pola vosa favorita ata o 21 de decembro no noso #PortaldasPalabras e compartide!
academia.gal/-/-desfeita-...
“Desfeita”, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” e “xenocidio”, finalistas na elección da Palabra do Ano 2025
academia.gal
December 3, 2025 at 9:05 AM
Andamos xa á procura da #PalabradoAno2025! Agardamos as vosas suxestións no noso #PortalDasPalabras ata o 1 de decembro. Velaquí todos os detalles da campaña 👇
portaldaspalabras.gal/palabradoano
Palabra do Ano 2025
Palabra do Ano 2025
portaldaspalabras.gal
November 11, 2025 at 12:32 PM
#Cantareira xa forma parte do paseo das Palabras do Ano de Lugo. Hoxe participamos no descubrimento da inscrición na rúa Menorca, onde locen as voces elixidas polos seguidores do noso #PortaldasPalabras.
academia.gal/-/-cantareir...
#LetrasGalegas2025 #cantareiras #poesíapopularoral
"Cantareira" incorpórase ao paseo das Palabras do Ano | Real Academia Galega
academia.gal
April 2, 2025 at 1:11 PM
Na véspera do Día da Muller e da Nena na Ciencia, lembramos a Ángela Ruiz Robles, Aida Fernández Ríos, María Wonenburger, Jimena e Elisa Fdez. de la Vega, Antonia Ferrín, Olimpia Valencia e Ángeles Alvariño no noso #PortaldasPalabras. #11F @uvigo.bsky.social portaldaspalabras.gal/lexico/setes...
Mulleres sabias da terra | Setestrelo | Portal das Palabras
Sete historias de pioneiras
portaldaspalabras.gal
February 10, 2026 at 1:44 PM
🎤A Palabra do Ano 2024 é CANTAREIRA, muller que canta cantigas populares 👩‍🎤. Esta verba acadou o 25% dos votos, seguida por MEU e MIÑA, a nosa alternativa de "bro" 👊. Cal votáchedes vós? #PortaldasPalabras
December 27, 2024 at 9:31 AM
🗳️"Desfeita”, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” ou “xenocidio”? Cal é para vós a #PalabraDoAno2025? Votade pola vosa favorita ata o domingo 21 de decembro ás 23:59 horas no noso #PortaldasPalabras e compartide!

portaldaspalabras.gal/palabradoano/
Palabra do Ano 2025
Palabra do Ano 2025
portaldaspalabras.gal
December 10, 2025 at 8:57 AM
Unha das cousas que máis nos gusta de que se achegue o 31 de decembro é convidarvos a escoller a Palabra do Ano. Xa podedes enviarnos as vosas suxestións ao #PortalDasPalabras.

📌Compartide e votade a partir do 11 de decembro pola vosa finalista favorita! ⬇️
portaldaspalabras.gal/palabradoano/
Palabra do Ano 2024
Palabra do Ano 2024
portaldaspalabras.gal
November 26, 2024 at 11:43 AM
Son todos os que están pero non están todos os que son!
O noso #PortaldasPalabras preséntanos sete personaxes do #Entroido.
#entroido #aparicio #charrúa #peliqueiro #pantalla #choqueiro #choqueira #meco #setestrelo
portaldaspalabras.gal/lexico/setes...
Sete personaxes do Entroido | Setestrelo | Portal das Palabras
Disfrázate! Non sexas choqueiro!
portaldaspalabras.gal
February 10, 2026 at 8:09 AM
September 5, 2025 at 1:37 PM