#poesíapopularoral
December 31, 2024 at 11:08 PM
December 20, 2024 at 8:15 AM
🎦 Prácenos presentarvos 'Se canto é porque quero', a serie das #LetrasGalegas2025. Xa podedes vela na nosa web e na nosa canle de Youtube. 🎼
academia.gal/comunicacion...
#cantareiras #poesíapopularoral
Se canto é porque quero
academia.gal
April 9, 2025 at 11:23 AM
Quen che dixo a ti, loureiro,
que servías pra culleres.
As mentiras son dos homes,
as verdades das mulleres.

#cantareiras #cancioneiropopulargalego #letrasgalegas2025 #poesíapopularoral

#loureiro 👇https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/loureiro
April 14, 2025 at 9:06 AM
Por Barizo paso rindo
e por Mens paso cantando;
pró lughariño d'Asalo
vou com'a troita nadando.

Informantes: As Pandeireteiras de Mens
Fonte: 'As Vellas de Mens', de Manel Fernández Pensado

#letrasgalegas2025 #cantareiras #poesíapopularoral
May 16, 2025 at 4:10 PM
Virxe da Barca, valeme,
que estou no medio do mar-e...

🎼 Copla recollida por Dorothé Schubarth a Delfina e Elisa en Muxía. Audio no APOI do Museo do Pobo Galego.

📷 Muxía a comezos do s. XX. Fonte: Arquivo da RAG. Copia no #arquivodixitaldegalicia
#letrasgalegas2025 #cantareiras #poesíapopularoral
March 24, 2025 at 11:23 AM
O cariño que che teño,
e mais o que che hei de ter,
cabe na casca dun ovo
e mais non o ha de encher.

'Cancioeiro das ribeiras do Tea' (Seminario de Estudos Galegos, 1929)

#cantareiras #poesíapopularoral #letrasgalegas2025 #cancioneiropopularoral
June 3, 2025 at 9:33 AM
Este mes de maio é o mes das flores,
cando os paxariños deixan ver os seus amores.

#omaio #osmaios #letrasgalegas2025 #cantareiras #poesíapopularoral
May 1, 2025 at 1:06 PM
#Cantareira xa forma parte do paseo das Palabras do Ano de Lugo. Hoxe participamos no descubrimento da inscrición na rúa Menorca, onde locen as voces elixidas polos seguidores do noso #PortaldasPalabras.
academia.gal/-/-cantareir...
#LetrasGalegas2025 #cantareiras #poesíapopularoral
"Cantareira" incorpórase ao paseo das Palabras do Ano | Real Academia Galega
academia.gal
April 2, 2025 at 1:11 PM
Eu teño un canciño,
bonito abofé,
que baila a pandeira
na punta do pé.

Fonte: 'Vente vindo, vente cantando. Cancioneiro escolar galego'. Edición de Manuel Rico Verea.
📷 Tres cativas e un cativo cun can en Becerreá (1915). Arquivo da RAG

#letrasgalegas2025 #cantareiras #poesíapopularoral
May 28, 2025 at 8:49 AM
A homenaxe a Eva Castiñeira en Agranzón, a aldea muxiá onde naceu hai cen anos, púxolle o ramo á semana central das Letras Galegas que a Real Academia Galega lles dedica ás #cantareiras e a #poesíapopularoral nestas #letrasgalegas2025.
academia.gal/-/muxia-rend...
Muxía réndelle homenaxe a Eva Castiñeira
academia.gal
May 21, 2025 at 8:07 AM